Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Recursos humanos

mans de cores entrelazadas

Calquera Administración que aspire a prestar con eficacia e eficiencia servizos de calidade precisa uns instrumentos de planificación, ordenación e xestión dos seus recursos humanos, especialmente:

  • Cadro de persoal
  • Relación de Postos de Traballo (RPT)
  • Oferta de Emprego Público (OEP)
  • Plans de formación

A distinción entre "persoal" e "RPT" esixe separar previamente os conceptos de "praza" e "posto de traballo".

A diferenza entre ambos os instrumentos ("praza" e "posto" ou as súas agrupacións, "cadro de persoal" e "Relación de Postos de Traballo" -RPT-) é quizais un dos aspectos máis confusos na ordenación e xestión do emprego público local.

Son instrumentos vinculados pero distintos. En concreto, o "posto" de traballo adquírese unha vez obtida a "praza", que será incluída previamente na correspondente OEP para ser logo convocada.

O persoal pode prever un número de funcionarios menor que o establecido na RPT, pero sen contradicir o seu contido, natureza e número máximo de prazas, pois a RPT, nestes aspectos, vincula o persoal.

Os "postos de traballo" na Administración non son polo tanto instrumentos de clasificación do persoal, senón de ordenación eficaz e eficiente dos servizos aos que se adscribirá o devandito persoal.

En toda o relacionado coa xestión dos recursos humanos, tanto dunha empresa como dunha Administración, non hai que esquecer o sistema de seguridade e prevención do persoal. Por este motivo, o Concello da Coruña aprobou o seu Plan xeral de prevención de riscos laborais no ano 2004, vixente ata a data.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?