Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Que é unha OEP?

Esta información recóllese no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

As necesidades de recursos humanos, persoal de novo ingreso con asignación orzamentaria, terán que publicarse de forma anual a través da Oferta de Emprego Público (OEP) no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Nesta oferta deberá figurar a denominación e clasificación da praza ou prazas previstas, o número de prazas que se convocan e o seu sistema de provisión, é dicir, se é por acceso libre ou por promoción interna, e outros datos básicos de interese como a clasificación destas.

Esta OEP leva a obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas (e ata un 10% adicional), cuxa execución deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos mediante procedementos baseados nos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

Consulta aquí as convocatorias de selección de persoal do Concello, así como a última oferta de emprego público publicada correspondente ao ano 2016.

Información municipal SMS

Grazas a este servizo poderás recibir mensaxes SMS no teu teléfono móbil informándote, sen ningún custo, de todas as novidades en relación coa selección de persoal do Concello da Coruña.

Podes obter dous tipos distintos de novidades:

  • Novas convocatorias de ofertas de emprego:

Recibirás un aviso por SMS cando se faga pública unha nova convocatoria, para o que terás que darte de alta previamente no servizo sms.coruna.es

  • Novidades asociadas a unha convocatoria específica

Debes introducir o teu número de teléfono móbil na páxina que visualizarás tras pulsar a ligazón situada na parte inferior de cada convocatoria. Tamén podes recibir esta información no teu correo electrónico indicándoo no campo correspondente.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?