Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Representación sindical

mesa reunións

Como recolle o Estatuto dos Traballadores "...os traballadores teñen dereito a participar na empresa a través dos órganos de representación regulados neste título". Esta lei recolle tamén os dereitos de reunión, á negociación colectiva, e á representación e participación institucional.

Esta representación e dereitos exércense tamén nas administracións públicas, onde o persoal ao seu servizo non pode quedar á marxe dos dereitos básicos que asisten a todos os traballadores e traballadoras.

Se o persoal municipal é persoal funcionario, réxese por unha lei específica e o seu órgano de representación é a Xunta de Persoal. Se o persoal é laboral, o seu órgano de representación é o Comité de Empresa.

XUNTA DE PERSOAL

É o órgano representativo e colexiado do conxunto do persoal funcionario ao servizo do Concello da Coruña para a defensa dos seus intereses, e coas facultades, garantías e dereitos que lle recoñecen as leis (arts. 39 a 46 do RDL 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

A Xunta de Persoal deste concello está composta por 23 membros elixidos por votación directa, libre e secreta e cuxo mandato ten unha duración de 4 anos. Como órgano colexiado ten unha conta de correo electrónico propia: juntadepersonal@coruna.es

Nas últimas eleccións sindicais obtivo a seguinte representación sindical:

  • CSI-CSIF: 8 representantes. Manuel Aceña Liste, Begoña García Corrales, Jesús Antonio Vidal Ulloa, María Luz Silvent Gonzalez, Fernando Naya Prieto, Arisleyda Lendoiro Santos, Ana Isabel Pedreira García-Raposo e Juan Carlos Pérez Mouzo. Correo electrónico sindical: csif@coruna.es
  • CIG: 7 representantes. Roberto Tizón Miguéns (PRESIDENTE), María Porto Cagiao, María Elena Iglesias Deza (TESOUREIRA), José Mª Calatayud Sánchez, Natividad García Teijeiro, Ana Isabel Filgueiras Espasandín (VICESECRETARIA) e Andrés Otero Cerveró. Correo electrónico sindical: cig@coruna.es
  • UGT: 6 representantes. Susana Liñares Rey (VICEPRESIDENTA), José Ángel Varela Moure (SECRETARIO), Eva Ducet Teixeira (VICETESOUREIRA), Francisco José Paz Álvarez , Pablo Álvarez Rodríguez e José Lopez Sarandeses. Correo electrónico sindical: ugt@coruna.es
  • CCOO: 2 representantes. Susana Álvarez Fernández e Marina Lorenzo Fernández. Correo electrónico sindical: ccoo@coruna.es

A Xunta de Persoal elixe por maioría entre os seus membros unha presidencia e unha secretaría, así como outros cargos. Esta é a súa composición actual: 

  • Presidente: Roberto Tizón Miguens (CIG)
  • Vicepresidenta: Susana Liñares Rey (UGT)
  • Secretario: José Ángel Varela Moure (UGT)
  • Vicesecretaria: Ana Isabel Filgueiras Espasandin (CIG)
  • Tesoureira: María Elena Iglesias Deza (CIG)
  • Vicetesoureira: Eva Ducet Teixeira (UGT)

COMITÉ DE EMPRESA

Para o período 2015-2019 e tras as últimas eleccións sindicais, o actual Comité de Empresa consta de 5 delegados/as sindicais:

  • Presidente: José Luis Aristín González (UGT)
  • Vicepresidente: Elisardo Velo Seoane (UGT)
  • Secretario: Javier Troyón Rama (UGT)
  • Tesoureira: Mª del Carmen Novas Lamas (UGT)
  • Mª Carmen Cordido Varela (CIG)

Ambos os órganos colexiados de representación elaboran o seu propio regulamento de procedemento, que non poderá contradicir, en ningún caso, o disposto na normativa de aplicación mencionada.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?