Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Aprobación definitiva modificación da relación de postos de traballo do concello da coruña

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 05 de maio de 2017, aprobou inicialmente a modificación da relación de postos de traballo do Concello da Coruña e as súas normas de xestión.

No Boletín Oficial de Provincia nº 86 do 09 e maio de 2017, foi publicado o anuncio de aprobación inicial abríndose un prazo de vinte días hábiles para presentaciónde alegacións, reclamacións ou sugerencias.

Presentadas alegacións, reclamacións ou sugerencias no prazo establecido foron resoltas pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 25 de agosto de 2017, na que se aprobou definitivamente a modificación da relación de postos de traballo do Concello da Coruña e as súas normas de xestión.

En cumplimento do disposto no artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril de emprego público de Galicia, publicase a relación de postos de traballo do Concello da Coruña e as súas normas de xestión modificadas, detalladas a continuación.

Contra a aprobación definitiva da modificación da RPT, poderá interponer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña, no prazo de dous meses. Previamente cabe interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acordo no prazo dun mes.

Relación Postos Traballo (RPT) e cadro de persoal municipal

Tanto a RPT como o cadro de persoal inclúen todos os postos de traballo existentes nunha Administración, pero mentres o cadro de persoal unicamente recolle a previsión do gasto que ocasionarán, a RPT determina as características esenciais de cada posto de traballo concreto.

A Relación de Postos de Traballo (RPT) é o instrumento técnico a través do cal se realiza a ordenación do persoal de acordo coas necesidades dos servizos, indicando os requisitos esixidos para o desempeño de cada posto (titulación específica, carnés necesarios, licenzas especiais...), así como a súa denominación, características esenciais deles (complementos de destino e específicos) e determinación das súas retribucións complementarias. Polo tanto a modificación de cada posto de traballo só se pode modificar a través desta e non por unha simple aprobación do Cadro de Persoal Orgánico.

É o principal instrumento organizativo e de xestión de recursos humanos nas administracións, posto que deseña a súa estrutura interna, ordenando e clasificando o persoal segundo a realización concreta do traballo para desenvolver. Mediante a RPT racionalízase e ordénase a función pública e é un instrumento esencial da política de persoal ao incluír nela a dimensión económica ou orzamentaria. Teñen un contido máis amplo que os cadros de persoal.

A última RPT deste concello aprobouse na Xunta de Goberno Local na sesión realizada o 16 de maio de 2013, que acordou a aprobación da modificación puntual. Publicouse no BOP do 11 de xuño de 2013.

Posteriormente publicáronse no BOP do 31 de xullo de 2014 unhas modificacións a esa relación, e no BOP do 4 de agosto dese mesmo ano, unha corrección de erros.

Se queres visualizar o texto consolidado desa RPT preme AQUÍ.

O Cadro de Persoal Orgánico é o conxunto de prazas creadas pola Administración local agrupadas en corpos, escalas, subescalas, clases e categoría non funcionarial. O cadro de persoal materializa a estrutura de persoal. O cadro de persoal non contén postos de traballo, senón prazas e titulares delas. Ten un ámbito máis reducido e un marcado carácter orzamentario, pois non determina as características esenciais do posto nin requisitos para a súa ocupación; a súa finalidade é distinta e por iso está exenta da preceptiva negociación sindical.

En definitiva, a súa aprobación implica a súa dotación nos orzamentos, polo tanto, publícase cada ano no correspondente Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Podes consultar aquí as últimas publicadas:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?