Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Hai que adaptarse a outras formas de interactuar coa cidadanía, incorporando tanto as redes sociais como as tecnoloxías da información actualmente xa ao alcande de todos.
Por iso, o Concello da Coruña ofréceche outras vías de contacto directo, e aínda que todas as administracións públicas están a fomentar desde hai xa uns anos o acceso electrónico da cidadaní á posibilidade de realizar a maioría dos trámites a través de mecanismo ou plataformas en liña que facilitan as xestións e o seguimento das xestións que toda a cidadanía ten que realizar en moitas ocasións.
Indicámosche as diferentes canles e formas de comunicación co concello e a súa xestión, sen olvidármonos dos métodos tradicionais como son o contacto telefónico e as oficinas presenciais para solicitar información e realizar diversas tramitacións e xestións.
Oficinas municipais de información e rexistro
Hai varias oficinas administrativas repartidas pola cidade para facilitar o acceso da cidadanía. Teñen un horario de apertura de atención directa, aínda que tamén se ofrece agora a posibilidade de realizar rexistros oficiais de documentos a través dos resgistros en liña ou electrónicos.
Ademais dos rexistros municipais, existen outros rexistros públicos dependentes doutras administracións que funcionan como "portelos únicos" para os efectos de presentación de solicitudes ou documentos.
Cada ano establécese, para os efectos de cómputos de prazos, o calendario de días inhábiles no ámbito das correspondentes administracións. Para comprobar os do ano 2017, tanto no ámbito do estado como na nosa comunidade autónoma, podes consultalos aquí.
Teléfono 010 de información cidadá
Este servizo trata de avanzar na mellora das funcións municipais ofrecendo a posibilidade de resolver cuestións sobre trámites ou xestións sen necesidade de desprazamentos mediante a información telefónica, ofrecendo tamén información sobre a cidade e os seus servizos,
Sede electrónica e trámites
A sede electrónica é un dos principais elementos que conforman o impulso da sociedade dixital e do coñecemento, tendo entre os seus obxectivos o de incrementar a confianza dixital da cidadanía na administración.
Pódese consultar a información sobre o conxunto de trámites que se poden xestionar co Concello (en que consiste, requisitos, documentación necesaria para inicialo, onde realizalo etc.), e a título informativo, moitos dos trámites máis habituais na cidade relacionados con outras administracións. Para os trámites municipais tamén se facilita, se é o caso, o acceso á versión en liña do trámite, así como a descarga da documentación para realizalo de forma presencial.
Preguntas da cidadanía
Este é o resumo das preguntas recibidas a través do portal municipal o pasado exercicio. Os datos da outra vía de atención non presencial, o servizo de información e atención telefónica 010, están recollidos dentro das memorias de xestión municipal anuais, aquí.
Área | Pendentes | Pechadas | Total |
---|---|---|---|
Infraestruturas | 1 | 11 | 12 |
Medio Ambiente | 14 | 4 | 16 |
Mobilidade | 11 | 0 | 15 |
Urbanismo | 6 | 6 | 8 |
Emprego e Turismo | 4 | 3 | 7 |
Educación | 0 | 1 | 1 |
Cultura | 0 | 16 | 16 |
Servizos Sociais | 0 | 5 | 5 |
Deportes | 0 | 11 | 11 |
Igualdade e Participación | 0 | 6 | 6 |
Alcaldía | 0 | 11 | 11 |
Planificación (010) | 0 | 934 | 863 |
Facenda | 1 | 0 | 1 |
Interior | 1 | 2 | 3 |
Seguridade Cidadá | 1 | 2 | 3 |
Total | 39 | 1.010 | 1.049 |
Páxinas web e redes sociais municipais
Ademais do portal municipal propiamente dito e os seus correspondentes perfís sociais (tanto en Facebook como en Twitter ), moitos servizos ou programas específicos municipais teñen páxinas web e perfís sociais propios. Consúltaos.
Suxestións e reclamacións
Informe mensual de xestión de suxestións e reclamacións. Inclúense tanto as queixas regulamentarias como aquelas que non son de contestación obrigatoria segundo o Regulamento orgánico de suxestións e reclamacións.
Inicio /
Tipo | Nome | Tamaño |
---|---|---|
2019_01.pdf | 687,14 Kb | |
2018_12.pdf | 687,09 Kb | |
2018_11.pdf | 687,86 Kb | |
2018_10.pdf | 687,85 Kb | |
2018_09.pdf | 687,84 Kb | |
2018_8.pdf | 687,14 Kb | |
2018_07.pdf | 687,12 Kb | |
2018_06.pdf | 687,85 Kb | |
2018_05.pdf | 687,09 Kb | |
2017_01.pdf | 687,15 Kb | |
2018_04.pdf | 687,83 Kb | |
2018_03.pdf | 687,84 Kb | |
2018_02.pdf | 687,84 Kb | |
2018_01.pdf | 687,85 Kb | |
2017_12.pdf | 687,16 Kb | |
2017_11.pdf | 687,19 Kb | |
2017_10.pdf | 687,16 Kb | |
2017_09.pdf | 687,84 Kb | |
2017_08.pdf | 687,15 Kb | |
2017_07.pdf | 687,17 Kb | |
2017_05.pdf | 687,04 Kb | |
2017_06.pdf | 687,17 Kb | |
2017_04.pdf | 687 Kb | |
2017_03.pdf | 687,14 Kb | |
2016_12.pdf | 687,81 Kb | |
2017_02.pdf | 687,14 Kb | |
2016_11.pdf | 693,41 Kb | |
2016_10.pdf | 12,22 Kb |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible