Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

A participación cidadá, liña estratéxica e transversal

participación e debate

A determinación da organización e estrutura da Administración municipal executiva ou de goberno baséase nos principios de eficacia, democratización, transparencia, transversalidade, simplificación da estrutura administrativa e redución do gasto político da acción de goberno.

O actual goberno municipal apostou por unha estrutura integrada de áreas nas que, xunto ás propiamente sectoriais e funcionais, defínense outras transversais como as de Igualdade e Diversidade e Medioambiente e a Concellería de Participación e Innovación Democrática, pódese atopar máis información sobre as actividades da concellería na seguinte ligazón: http://www.coruna.es/participacion

Esta concellería, xunto con outras competencias que ten atribuídas, sentou as súas bases de actuación dentro do contido participativo, en varios eixos ou piares básicos para poñer en marcha unha nova forma de goberno "participativo", entre os que se poden destacar diferentes programas ou dereitos que se activaron para a cidadanía. Estes programas son os seguintes:

Programa Escano Cidadán, un dos compromisos asumidos polo goberno municipal coa cidadanía. Abriuse unha quenda de rogos e preguntas da cidadanía nos plenos da corporación para que exista participación directa no órgano que expresa a vontade popular. A través do escano cidadán as veciñas e veciños poden introducir temas na axenda política.

Programa "Dillo ti", un novo dereito para a cidadanía que garante un espazo de comunicación directo entre o alcalde, o equipo de goberno e a veciñanza. Estes encontros teñen lugar normalmente unha vez ao mes (un sábado, ás 12.00 h da mañá nun barrio concreto e distinto da cidade cada convocatoria). É un programa que lle permite ao goberno municipal tomar o pulso da cidade de maneira estable e permanente. Utilizando como lugar de encontro espazos de titularidade municipal (normalmente centros cívicos) a cidadanía da Coruña pode conversar libremente sobre calquera tema, proposta, idea, problema ou demanda sobre o barrio, pero tamén sobre a cidade. Pódese ver máis información sobre o programa nesta ligazón: /participacion/gl/dillo-ti

Programa "A porta aberta ", o programa de procesos participativos do Concello da Coruña. Trátase dun dereito que se ofrece á cidadanía e a través do cal o concello escoita a todas as "diversidades" da súa cidade para camiñar cara a unha cidade máis igualitaria. Este programa toma forma mediante a posta en marcha de varios procesos participativos que se poden consultar na seguinte ligazón: http://www.coruna.es/participacion/

Dentro de "A porta aberta" e dos procesos participativos, todos eles consultivos, destaca o programa de Orzamentos participativos, un proceso de democracia directa a través do cal a cidadanía pode decidir sobre unha parte do orzamento municipal. Pódese ver información completa sobre o programa nesta ligazón: https://aportaaberta.coruna.es/

Proxecto Laboratorio Cidadán Co-Lab, un proxecto que busca transformar a realidade social a través de procesos de innovación co fin de conseguir unha sociedade máis igualitaria e unha cidade máis xusta con todas as persoas que a conforman. É un espazo no que persoas con distintos coñecementos e diferentes graos de especialización reúnense para desenvolver proxectos xuntas, unha oportunidade para explorar formas de experimentación e aprendizaxe colaborativa que xurdiron das redes dixitais para impulsar procesos de innovación cidadá. Desde tal perspectiva, estes proxectos traballados e xerados en laboratorios cidadáns teñen a característica de buscar unha transformación social que contribúa ao desenvolvemento cultural, social e económico da cidade. Pódese ver información completa sobre o programa nesta ligazón: http://colab.coruna.gal/

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?