Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Cocientes económico-financeiros

A contabilidade dun concello facilita unha información moi útil para coñecer a súa situación económico-financeiro e patrimonial. A partir dos estados contables pódense realizar análises que permiten valor a súa situación a eses dous niveis.

A análise económica céntrase nos aspectos que permiten cumprir os compromisos ou obxectivos establecidos coa cidadanía (rebaixas ou subidas de impostos municipais, incremento de posibles destinatarios/as de axudas sociais, mellora de instalacións e equipamentos públicos...).

A análise financeira céntrase nos aspectos relativos á forma de financiamento da administración, á súa capacidade de facer fronte ás súas débedas a curto prazo e totais e a outros aspectos relativos á súa estrutura do balance de situación e situación patrimonial.

A análise económica-financeiro non responde a regras fixas, xa que se poderán revisar uns aspectos ou outros en función do que lles interese:

  • aos provedores, contratistas ou concesionarios, coñecer a súa liquidez ou capacidade de pago a curto prazo
  • á entidade financeira á que o concello lle solicite un préstamo, a súa capacidade para facer fronte aos intereses anuais e á súa devolución, aínda que sexa a longo prazo
  • a un goberno municipal interesaralle esta análise con fins de planificación e control internos

Como principais elementos de análises adóitanse utilizar:

  • os balances de situación
  • conta de perdas e ganancias

A análise por cocientes é tamén a forma máis coñecida de análise económica-financeira.

Un dos indicadores mencionados como relevantes é o período medio de pago que tarda un concello para aboar as facturas presentadas por provedores ou contratatistas.

Podes consultar os últimos datos mensuais agrupados por anos:

Outros ratios financeiros

Existen outra serie de indicadores relevantes que tamén podes consultar:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?