Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Informes do Consello de Contas

O Consello de Contas de Galicia é o ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, tamén das entidades locais da nosa comunidade.

As entidades locais, como xestoras de fondos públicos, teñen a obriga de informar, xustificar e responsabilizarse da actividade económico-financeira realizada durante cada exercicio anual. Para tal fin elaboran a Conta Xeral, que reflicte a forma na que se desenvolveu a dita actividade.

Se tes interese, podes consultar o cumprimento da obriga de rendición da dita conta xeral anual ante o Consello de Contas de Galicia, que elabora anualmente informes de cumprimento de todas as entidades locais.

Para comprobar o estado da rendición de contas dos concellos de Galicia clasificados por provincias, podes consultalos en formato breve por anos:

Recentemente o Tribunal de Contas liderou a posta en marcha do Portal de Rendición de Contas, para facilitar a rendición de contas das entidades locais e permitirlle á cidadanía ter acceso á información e coñecer a xestión desenvolvida polos seus concellos.

Podes coñecer por anos os datos que che ofrece esta plataforma relativos ás contas do Concello da Coruña:

Finalmente, podes consultar e descargar o último Informe de fiscalización realizado polo Consello de Contas referido ao noso concello e aos exercicios económicos de 2000 e 2001.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?