Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Que constitúe unha facenda municipal?

Con carácter xeral, unha "facenda municipal" está constituída polos seguintes recursos:

  • Os ingresos procedentes do seu patrimonio
  • As taxas, contribucións especiais e impostos, e as súas posibles recargas
  • As participacións nos tributos do estado e autonómicos
  • As subvencións
  • O percibido polos prezos públicos
  • As operacións de crédito
  • Os ingresos por multas ou sancións da súa competencia
  • As demais prestacións de dereito público.

Impostos municipais

Os impostos son cantidades de diñeiro que a cidadanía está obrigada por lei a pagar para que os concellos dispoñan dos recursos suficientes cos que financiar a satisfacción das necesidades públicas, cumprindo o principio de equidade e o de redistribución da renda.

Os principais impostos municipais son:

  • o Imposto de Bens Inmobles, máis coñecido como IBI, que poderá ser de carácter Urbano (IBIU) ou Rústico (IBIR)
  • o Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido como "plusvalía municipal"
  • o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) máis coñecido como Imposto de circulación
  • o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO)
  • o Imposto de Actividades Económicas (IAE)

+ INFORMACIÓN

PAGO DE TRIBUTOS

Taxas e prezos públicos municipais

Taxas son tributos que pagamos porque utilizamos para o noso beneficio privado un ben público, porque a Administración dános un servizo ou porque se realicen actividades en réxime de dereito público.

En cambio os prezos públicos son diferentes. Trátase de prestacións dinerarias que se dan a un concello por servizos ou actividades que tamén se realizan por parte do sector privado e cuxa solicitude é voluntaria. É dicir, pagámoslle a un ente público por un servizo que tamén nolo dá o sector privado e que é voluntario. Pero tamén se establece que estes prezos públicos deberán cubrir, como mínimo, o custo do servizo prestado ou da actividade realizada, aínda que cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que o aconsellen, o concello poderá fixar estes prezos por baixo dese custo. Nestes casos débense consignar nos orzamentos municipais as cantidades oportunas para cubrir a diferenza resultante se a houbese.

Por exemplo: pagámoslle unha taxa ao concello cando necesitamos un vao e que ninguén aparque diante do noso garaxe, en cambio pagámoslle un prezo público ao concello cando queremos utilizar a piscina municipal.

En resumo, podemos dicir que as taxas son obrigatorias mentres que os prezos públicos son voluntarios e permítenlles ás entidades públicas obter beneficios ou subvencionar distintos tipos de actividades.

INFORMACIÓN XERAL + INFORMACIÓN

Calendario da persoa contribuínte

Recolle a relación de datas e períodos de pago que deben cumprir as persoas contribuíntes dun concello nos impostos que lles corresponden. Neste calendario detállanse as opcións para pagos fraccionados, lugares onde aboalos, e posibles rebaixas segundo cumprimento de determinados requisitos.

+ INFORMACIÓN

Matrícula fiscal

Tamén coñecido por "padrón fiscal". Ao asumir o concello a xestión censual dalgúns tributos, hai determinadas taxas e impostos que se xestionarán a partir da súa "matrícula fiscal" ou "padrón fiscal", é dicir, un censo referidos ás persoas (físicas ou xurídicas) titulares das propiedades ou actividades económicas que dan lugar a esa lista recadadora, loxicamente, sempre que non estean exentos desas taxas ou impostos. A exposición do padrón enténdese como notificación colectiva cada ano, excepto para aqueles casos nos que houbo algunha modificación ou o suxeito pasivo figura por primeira vez no citado padrón.

Realizarase anualmente, e fai referencia especificamente a:

  • o Imposto de Actividades económicas (IAE)
  • o Imposto sobre Bens Inmobles (urbana e rústica)
  • a taxa por recollida de lixo (comercial e industrial)
  • taxa por cemiterios
  • taxas por entrada de vehículos e reserva de espazo sobre a vía pública
  • taxa por ocupación de vía pública con aparellos distribuidores

Ordenanzas fiscais

A potestade regulamentaria das entidades locais en materia tributaria exercerase a través de ordenanzas fiscais reguladoras dos seus tributos propios e de ordenanzas xerais de xestión, recadación e inspección.

As ordenanzas fiscais son as normas que regulan os tributos municipais. Cada tributo require unha ordenanza na que se determina quen debe pagar, o concepto polo cal debe pagar, as bases que serven para calcular a contía do imposto e a tarifa ou porcentaxe que se debe aplicar. Ademais, estas ordenanzas especifican os casos especiais que poden dar lugar a exencións, bonificacións etc.

As ordenanzas fiscais deberán conter polo menos:

  • a determinación do feito impoñible, o suxeito pasivo, os responsables, as exencións, as reducións e bonificacións, a base impoñible, o tipo de gravame, o período impositivo, o deveño, segundo proceda, do imposto ou da taxa.
  • os réximes de declaración e de ingreso.
  • as datas da súa aprobación e de comezo da súa aplicación.
  • as normas relativas á xestión, liquidación, inspección e recadación dos tributos locais.

A aprobación provisional destas ordenanzas expoñerase no taboleiro de anuncios do concello durante 30 días como mínimo para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen oportunas. Unha vez finalizado este período e adoptados os acordos definitivos procedentes, aprobarase a súa redacción definitiva e daráselle publicidade mediante a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa entrada en vigor.

+ INFORMACIÓN

Outras ordenanzas de carácter económico e tributario

No artigo 10 da Ordenanza Xeral de Xestión recóllese que o Concello publicará cada ano as ordenanzas fiscais, a de Xestión , a de Recadación, e o Regulamento de Inspección de Tributos, que estarán expostos ao público polo menos nas oficinas municipais, e poderase obter copia delas logo do previo pago da taxa regulada na ordenanza fiscal núm. 1. O acceso a través de internet a estas publicacións, serán, en todo caso, gratuítas.

+ INFORMACIÓN

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?