Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Como e quen aproba uns orzamentos?

Aprobado inicialmente, o orzamento expoñerase ao público durante o prazo que sinale a lexislación e que regulan as facendas locais co obxecto de que as persoas interesadas poidan interpoñer reclamacións ou presentar alegacións fronte a el.

Unha vez resoltas, o orzamento deberá ser aprobado definitivamente polo Pleno da corporación antes do 31 de decembro do ano en curso (para aplicarse no seguinte), e é obrigatoria a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Se non se aproba antes do primeiro día do exercicio económico correspondente, quedará automaticamente prorrogado o anterior.

A estrutura do orzamento débese adaptar aos criterios de clasificación por programas e económica establecidos. Conxuntamente co orzamento tramítase o cadro de persoal para a súa aprobación así como as correspondentes bases de execución.

Polo tanto, a xestión e execución do orzamento correspóndelle á corporación municipal.

Os documentos de tramitación necesarios son, basicamente:

  • Memoria da alcaldía
  • Documentos de aprobación inicial, que inclúe informe do interventor xeral, certificación de aprobación do proxecto pola XGL, ditame favorable da Comisión de Facenda e Administración, acta do Pleno de aprobación inicial, publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial da Provincia (BOP), exposición pública do orzamento durante quince días hábiles, e finalmente certificación do secretario xeral sobre as reclamacións presentadas.
  • Documentos de aprobación definitiva: tamén necesario un informe do interventor xeral relativo ás reclamacións presentadas, ditame favorable da Comisión de Facenda e Administración, aprobación definitiva do orzamento do 2016 polo Pleno, e publicación do anuncio de aprobación definitiva no BOP.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?