Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Proceso de elaboración dos orzamentos

Todos os anos desde a concellería encargada dos asuntos de Economía e Facenda, elabórase unha Instrución para a elaboración dos orzamentos anuais , de obrigado cumprimento, que se remite a todos os servizos municipais e na que se indican os criterios xerais, soportes de recollida de información e procedementos para elaborar os orzamentos municipais do seguinte ano.

En primeiro lugar, en cada área de goberno nas que se divide a organización municipal conformarase unha comisión de orzamentos da área, que redactará as memorias, informes e fichas e anexos necesarios, fixando obxectivos e indicadores, determinando os criterios de prioridade do gasto e de investimento.

Posteriormente articularase unha Comisión Xeral de Orzamentos que estará integrada polo alcalde, a concelleira de Facenda e Administración, o director de Economía, Facenda e Administración, e a xefatura do Servizo de Orzamentos e estudos económicos. Nela poderanse integrar as concelleiras responsables das áreas de Participación e Innovación Democrática, e Igualdade e Diversidade, así como o interventor xeral, os órganos directivos e/ou xefaturas de servizo ou outro persoal funcionario designado polo alcalde.

Así mesmo poñerase en funcionamento unha Subcomisión orzamentaria de Persoal (Capítulo I de Gastos).

Como novidade na confección do orzamento do 2017, a cidadanía decidirá en que investir 1.000.000 € do orzamento municipal. Son os denominados "orzamentos participativos", nos que formularán unha serie de propostas por parte da cidadanía, sendo aquelas máis votadas as seleccionadas e incluiranse no proxecto inicial do Orzamento Xeral do Concello da Coruña.

Existen uns prazos previstos e esixidos polas diferentes leis para a elaboración, redacción, presentación e aprobación dos orzamentos, o que esixe a necesidade de cumprir estritamente co seguinte calendario:

  • antes do 15 de agosto: os diferentes servizos municipais deben elaborar as fichas de proposta de gasto xunto cos obxectivos perseguidos polas ditas políticas de gasto (mediante a memoria, elemento esencial do contido proposto), e remitilas á Oficina Orzamentaria.
  • antes do 1 de outubro: remisión da información sobre as liñas xerais dos seus orzamentos ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
  • antes do 15 de outubro: o orzamento e a súa documentación complementaria débese remitir ao Pleno para a súa aprobación, emenda ou devolución, previamente informado polo/a interventor/a municipal.

Este proxecto inicial de orzamento elaborado e redactado seguindo as pautas, calendario e deliberacións descritas anteriormente, levarase á Comisión de Facenda e Administración, composta por representantes de todos os grupos políticos que conforman a corporación municipal, e posteriormente ao Pleno.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?