Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actualidade do plan

Xornada Clausura Proxecto TEST Pop Up

Tras a súa posta en marcha o pasado 1 de marzo, os locais pop up viron pasar 49 propostas comerciais que recibiron asesoramento comercial personalizado. O C23 e o B58 acolleron proxectos en comercio de artesanía, moda, deseño, arte, gastronomía... e celebráronse preto de 90 talleres e eventos. Será o xoves 31 de xullo no HANGAR do local B58, cando se realice o remate do proxecto.

Cando:

Dende o 31/07/2014 ata o 31/07/2014, os xoves

Xa rematou

Horario:

A partir das 17.00 horas no local da rúa Barcelona, 58.

A continuación presentamos o programa da xornada:

17.00 h A tenente alcalde da Coruña, María Luisa Cid, será a encargada de inaugurar a cerimonia de clausura, na que participarán as empresas responsables do proxecto TEST, Urbanlab e EOSA, que farán un balance da súa execución.

18.00 h Proxección dun tráiler sobre o proxecto TEST e o paso dos seus inquilinos e eventos que tiveron lugar nos locais pop up ao longo dos seus 5 meses de actividade. Este tráiler é obra da Produtora Audiovisual “Proyecto 41”. Acto seguido terá lugar unha charla sobre audiovisual e crowdfunding.

19.00 h O Colectivo1Aun presenta xunto con TEST "A VERBENA", a festa coa que este xoves 31 de xullo poñeremos punto e final á exposición comunitaria InstAGRA. Despois de inaugurar a mostra fotográfica o pasado 19 de xullo con "Conversas", un coloquio aberto dende e sobre a Agra, nesta ocasión tócanos achegarnos á vida cultural e musical do barrio con "A Verbena". Nela contaremos coas actuacións de catro grupos musicais do barrio, unha mestura de músicas que intentarán dar unha mostra da vitalidade e pluralidade cultural e musical da Agra:

- PARABÉNS+ GRUPO DE CANTO E PANDEIRETA DA AGRA (música popular galega)

- BRONCO SPRINGFIELD (country rock)

- DE CATRO A CATRO (rock blues)

- AXLUBI-X (hip-hop)

 

Estades todos convidados!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión