Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actualidade do plan

Semana do Comercio Experiencia Cliente

Escola de Emprendemento no barrio da Agra do Orzán

Cando:

Dende o 27/10/2014 ata o 30/10/2014

Xa rematou

Requisitos:

Interésache? Chama ao 981 185 037 e inscríbete!

Taller de márketing visual e vendas

O primeiro día o taller céntrase na importancia que ten o márketing visual e a súa influencia nos clientes da man de MÁRKETING JAZZ:

1.-Principios do márketing visual e deseño de comercios.

2.-“O meu comercio necesita…” Sesión, consultiva-creativa (3 horas).

Os días 2 e 3 profundaremos no tema da venda; co seguinte guión:

1.- O consumidor. Tipoloxía de clientes.

2.-O profesional de atención ao cliente.

3.- A influencia da imaxe.

4.- O proceso da venda.

5.- A comunicación.

6.- O argumentario.

7.- Tratamento de obxeccións.

8.- O cerre da venda.

9.- Atención de reclamacións.

 

Seminario: Márketing visual no século XXI

Unha exposición dos 20 principios de Márketing visual e Store Design a ter en conta á hora de poñer en marcha un negocio de retail ou un plan de márketing que marcarán a túa diferenza. Ilustrado con exemplos reais doutros empresarios ou emprendedores.

 

Seminario: Negociar, só arte?

Pasamos a maior parte do noso tempo “negociando”, buscando acordos, resolvendo conflitos, tomando decisións compartidas para obter resultados que sirvan aos intereses de todas as partes implicadas.

Pero, o “negociador”…nácese ou faise? É posible que algunhas características da nosa personalidade poidan influír no resultado das nosas negociacións pero, por encima delas, o negociador faise.

Para iso o primeiro que temos que facer é familiarizarnos co proceso da negociación:

– RAMÓN GARCÍA RIAL, emprendedor, con máis de 20 anos de experiencia en vendas e negociacións achegaranos durante algo máis de dúas horas ao mundo da negociación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión