Concello da Coruña

Concello da Coruña

Áreas temáticas

O equipamento Ágora (actuación 3.1) enténdese como unha intervención orientada a mellorar os servizos e as dotacións da Agra do Orzán. Pero tamén se entende como un novo elemento de referencia que actuará como desencadeador de mobilizacións arredor das diferentes actuacións do programa Urban. Esta actuación considérase como elemento central e punto de referencia das actuacións do proxecto.

As demais actuacións, enmarcadas en cada unha das dimensións da sustentabilidade contempladas no proxecto, ordénanse en catro programas en función dos seus diferentes ámbitos temáticos. Estes programas, que teñen elementos de carácter global e incorporan actuacións de tipo puntual, son os seguintes:

  • Mobilidade e accesibilidade
  • Desenvolvemento do tecido económico
  • Fomento da integración social / igualdade de oportunidades
  • Mellora do medio ambiente urbano

O Programa de mobilidade e accesibilidade inclúe actuacións destinadas a combater os efectos do denso tráfico rodado desta zona urbana, o maior problema ambiental ao que se enfronta a sostenibilidade urbana da Agra. Os proxectos de peonalización refírense á mellora ambiental e á humanización dos espazos públicos do contorno do mercado e da rúa Barcelona - zona central de gran vitalidade social e comercial do barrio.

O Programa de dinamización do tecido económico contempla unha actuación que afecta a todo o ámbito do proxecto, o Plan de dinamización comercial. Ademais, incorpora a creación dun Programa de orientación e inserción laboral – Aulas de busca de emprego, así como a creación dunha escola de emprendedores que tamén teña a función de incubadora de empresas.

O Programa de fomento da integración social e igualdade de oportunidades contempla tres actuacións, o Plan integral de atención á inmigración, Plan de participación das mulleres e promoción do emprego e, por último, un Plan de dinamización social e cultural. O Programa municipal de urbanización e equipamentos da parcela do Observatorio acolle diferentes actuacións mediante a creación de novos equipamentos dotacionais no ámbito do proxecto: a Casa das mulleres, un pequeno centro social de múltiples usos, unha escola infantil e un centro de día.

Finalmente, o Programa de medio ambiente urbano incorpora algunhas iniciativas dirixidas a mellorar a calidade ambiental do barrio. O programa de mellora da calidade urbana dos contornos de Mariñeiros e vivendas sociais da Ronda de Outeiro acolle actuacións de mellora ambiental en dous grupos de edificios moi singulares, o grupo de vivendas denominado Mariñeiros e as mazás de vivendas sociais. Contémplanse dúas actuacións, unha en cada unha destas zonas, consistente na mellora do espazo físico, adecuación de accesos e creación, na zona de Mariñeiros, dunha zona verde. Ademais establécense dúas actividades, a execución dun proxecto de normalización e mellora do mobiliario urbano e un plan de iluminación, con atención especial aos puntos negros, que melloren a accesibilidade ao espazo público. Por último incluíuse a urbanización e modernización de vías públicas no barrio da Agra do Orzán.

As actuacións recollidas no proxecto son as que se refiren a continuación.

PROGRAMA 1. MOBILIDADE E ACCESIBILIDADE

1.1 Plan de mobilidade e accesibilidade
1.2 Proxectos de peonalización

PROGRAMA 2: DESENVOLVEMENTO DO TECIDO ECONÓMICO

2.1 Plan de dinamización comercial
2.2 Programa de Orientación e inserción laboral – Aulas de busca de emprego
2.3 Escola de Emprendedores/Incubadora de empresas.

PROGRAMA 3: FOMENTO DA INTEGRACIÓN SOCIAL / IO

3.1 Equipamento Ágora
3.2 Plan integral de atención á emigración
3.3 Plan de emprego e de participación das mulleres
3.4 Dinamización social e cultural
3.5 Centro social de múltiples usos
3.6 Escola infantil
3.7 Centro de día

PROGRAMA 4: MELLORA DO MEDIO AMBIENTE URBANO

4.1 Mellora urbana da zona de Mariñeiros
4.2 Mellora de espazos públicos entre bloques de vivendas sociais
4.3 Normalización e mellora do mobiliario urbano
4.4 Plan de iluminación do barrio
4.5 Urbanización e modernización de vías públicas no barrio da Agra do Orzán

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión