Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xaneiro de 2020

O Concello comeza as obras de mellora do parque infantil dos Rosales

Os traballos tamén inclúen unha renovación dos actuais xogos infantís e do mobiliario urbano, así como a substitución do actual pavimento por un de caucho continuo e céspede artificial

O concello comezará nos vindeiros días as obras de mellora do parque infantil da Praza Elíptica do barrio residencial dos Rosales co obxectivo de optimizar a dotación de xogos infantís mediante a ampliación e renovación da actual área existente, debido á significativa demanda dos nenos e nenas. Deste xeito, crearase un novo parque infantil moderno e innovador, no que se xerará un espazo singular dentro do devandito barrio.

As actuacións que se levarán a cabo serán a retirada dos elementos de xogo infantil para a implantación de novos xogos e mobiliario urbano, a demolición do canto rodado para ser substituído por pavimento de caucho continuo e céspede artificial co fin de ampliar a zona de xogo e a mellora da xardinería e do arborado.

Canto ás zonas existentes de pequenos e de maiores, actualmente atópanse sobre pavimento de caucho continuo. Na zona destinada aos máis pequenos, retirarase o areeiro e instalarase no seu lugar unha randeeira berce. A outra, a dos máis maiores, conta na actualidade con dúas estruturas. Unha delas retirarase e instalarase no seu lugar unha randeeira múltiple, así como un elemento de xogo dinámico.

Desde a Concellería de Urbanismo e Infraestruturas aseguran que os novos xogos infantís a instalar teñen unha ampla capacidade de usuarios, aumentando considerablemente a oferta actual. Trátase dunha actuación de mellora que a veciñanza do barrio levaba tempo solicitando debido a que os Rosales é unha zona cun certo déficit en canto a oferta lúdica de xogos infantís con respecto á súapoboación. Deste xeito, elevaranse os seus ratios de número de xogos e desuperficie de xogos por habitantes menores de 14 anos.

As obras de renovación deste parque infantil realízanse cun orzamento de 200.000 euros e nun contexto de mellora deste tipo de áreas que o Goberno local estápriorizando nos diferentes barrios da cidade desde a súa chegada a María Pita.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión