Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de agosto de 2019

O Concello finaliza as obras de construción de beirarrúas en Nostián

O novo tramo peonil transcorre pola marxe esquerda da estrada de Nostián e ten 650 metros de lonxitude

A Concellería de Urbanismo e  Infraestruturas  anunciou que as obras de mellora do acceso peonil ao núcleo de Nostián se atopan no seu tramo final. A actuación, demandada pola veciñanza da zona, consistiu na construción dunha nova beirarrúa pola marxe esquerda da estrada de Nostián nun tramo de 650 metros de lonxitude.

As obras forman parte dos traballos de mantemento que a concellería está realizando en distintos núcleos da cidade para garantir a accesibilidade de todas e todos os veciños, co fin de mellorar, deste xeito, a súa calidade de vida.

A  construción de beirarrúas na estrada de Nostián inclúe obras de reurbanización,  co canalización de pluviais cun colector de 400 mm de diámetro, coa correspondente execución de pozos, sumidoiros, canlóns e gabias drenantes onde for necesario. Finalmente, dispuxéronse  tamén  catro tubos de 110 mm de diámetro, coas súas correspondentes arquetas como canalización municipal, coa reposición dos puntos de luz afectados polos traballos e deixouse previsto que se podería ampliar a iluminación no tramo de actuación.

Na  actualidade, sinalan desde Infraestruturas, están pendentes de finalizar os  traballos do recheo  do extradorso  do muro de perpiaño  executado  ao final  do tramo, nas proximidades do núcleo de Nostián, así como a sinalización  correspondente (tanto vertical como horizontal) e remates menores.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión