Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de agosto de 2016

O Concello pon en marcha o proceso técnico para impulsar a humanización da avenida da Vedra

O Goberno local saca a licitación os estudos previos para a ordenación dos percorridos peonís e ciclables dos bordos da vía e a futura pasarela, os elementos vexetais e o tratamento e protección dos núcleos tradicionais de Eirís de Abaixo e Elviña

O Goberno Local acaba de sacar a licitación os estudos previos para a integración paisaxística, ordenación e conectividade peonil e ciclable dos bordos da avenida da Vedra -no tramo comprendido entre a saída da autopista e o viaduto de Ponte da Pedra-, dentro do obxectivo de ir definindo a humanización de Alfonso Molina, de acordo coa proposta consensuada co Ministerio de Fomento, na que se contempla un esforzo nesa humanización para facer desta unha vía cada vez máis integrada na cidade. Como se fai notar no prego de condicións que se publican hoxe no Perfil do Contratante, os criterios para estes traballos deberán cinguirse a un modelo de mobilidade sostible, "que detemine as condicións óptimas de circulación que aseguren un equilibrio entre o tránsito rodado e a sostibilidade ambiental", e no que coexistan de forma respectuosa o tránsito peonil e o tráfico, a través dun plan de accesibilidade e deseño universal.

Os estudos, cun presuposto de 15.000 euros máis IVE, deberán incluír, entre outras cuestións,  a mellora das condicións de urbanización da avenida ao seu paso polos límites dos núcleos tradicionais de Eirís de Abaixo e Elviña para favorecer a súa integración, garantindo a protección dos elementos do patrimonio catalogados; igualmente, terán en conta a transformación do viaduto para tránsito rodado que atravesa na actualidade a Vedra nunha ampla pasarela para usos peonís e ciclables. De tal xeito, os estudos que saen a licitación deberán contemplar o deseño da solución para os percorridos peonís e ciclables das beiras da Vedra -incluíndo un estudo dos arbustos e árbores óptimos para este ámbito e das solucións vexetais para as zonas libres- e un estudo da conectividade peonil e ciclable nesta contorna, así como a súa conexión co resto da cidade e da área metropolitana, e, igualmente, os estudos previos para a definición da localización e desembarcos das futuras pasarelas -no Ofimático e sobre a estrada de Pocomaco-, así como os percorridos para viandantes e bicicletas. Tamén deberán recoller o tratamento e reordenación do núcleo de Elviña nas zonas de contacto coa avenida e, de igual xeito, contemplarán a posibilidade de ordenaxión dos futuros equipamentos escolares contidos no Ofimático, unha análise medioambiental que recolla a incidencia das emisións de CO2 do tráfico da avenida na zona residencia e outros parámetros ambientais, así como análises sociodemográficas, económicas e de integración do sistema urbano, para deteminar a penetración de vehículos procedentes da área metropolitana a través desta vía e do resto de accesos á cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión