Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2019

Inés Rey reúnese coa Asociación de Veciños da Falperra para abordar as diferentes demandas do barrio

Nos próximos quince días está programada unha reunión coa Xunta para avanzar no proxecto de construción do novo centro de saúde do Mercado de Santa Lucía

Esta mañá a alcaldesa da cidade, Inés Rey, e varias persoas do equipo técnico da Concellería de Urbanismo e Infraestruturas, reuníronse cos representantes da Asociación de Veciños e Comerciantes da Falperra para abordar as diferentes demandas do barrio, entre as que destaca a contrución do novo centro de saúde no Mercado de Santa Lucía.

Na súa visita ao barrio herculino, a rexedora e o cadro de persoal técnico do Concello visitaron o interior do mercado para coñecer o estado da infraestrutura actual. Rey asegurou que a intención é "dotar de vida o barrio e reactivalo a nivel comercial" xa que, segundo a asociación veciñal, nos últimos anos pecharon moitos locales comerciales e paralizou o empuxe económico do barrio.

Nos próximos quince días está programada unha reunión entre o Concello e o equipo técnico da Xunta para avanzar neste proxecto de remodelación que xa se desbloqueou fai uns meses co presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Rey explicou, en declaracións aos medios, que estudará coa Xunta a localización dos postos do mercado e do centro cívico, aínda que "o prioritario é a construción do centro de saúde". A rexedora e o seu equipo técnico tamén revisou o estado das pavimentacións en mal estado das calzadas, así como os desniveis e as fochas que "se repararán canto antes", asegurou.

Por outro lado, Inés Rey manifestou a súa "vontade de diálogo permanente, constante e fluído con todas as forzas políticas" xa que este é "un mandato de grandes consensos para chegar a grandes proxectos de cidade" e, asegurou, "as miñas portas están abertas sempre para falar con calquera membro da Corporación ou membro da cidadanía. Estamos traballando polo ben da cidade e temos un obxectivo común que é que a cidade avance e iso é o que nos ten que unir a todas as forzas presentes na Corporación para sacar adiante os grandes proxectos". Ademáis, a rexedora quixo engadir que "o Goberno municipal ten unha única sensibilidade que é a cidade da Coruña e facer o mellor para a veciñanza, traballando 24 horas ao día 7 días da semana cun único obxectivo qué é mellorar a vida das coruñesas e coruñeses".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión