Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xaneiro de 2020

Infraestruturas comeza este luns as obras de mellora na rúa Puga y Parga

Co obxectivo de humanizar a rúa en Catro Camiños, habilitarase un tramo de carril bici que lles dará un mellor servizo tanto ás persoas que elixan a bicicleta para moverse como ás persoas usuarias a pé

O vindeiro luns, 13 de xaneiro, comezarán as obras de mellora na rúa Alcalde Puga y Parga, no barrio de Catro Camiños. O obxectivo desta actuación, segundo a Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, é o de humanizar a rúa incluíndo nela a habilitación dun tramo de carril bici. Deste xeito, ofrecerase un mellor servizo tanto para as persoas usuarias a pé como para aquelas que elixan a bicicleta como modo de transporte urbano.

A obra de mellora consiste na disposición dunha plataforma única e na implantación do carril bici, o cal mellorará nun alto grao a accesibilidade da dita plataforma, posto que os peóns e peonas camiñarán por unha rúa ao mesmo nivel e sen obstáculos. Así, foméntase dun xeito indirecto o uso de modos de transporte máis sustentables, como é a bicicleta.

O carril bici supón un paso máis na conexión entre o carril bici metropolitano e o de Salgado Torres coa zona de tráfico calmado con límite de velocidade a 30 km/h dos Mallos. Este tramo unirase, na súa parte inicial, co paso para bicicletas xa existente baixo o viaduto de San Pedro de Mezonzo, que servirá nun futuro como punto de inicio para lle dar continuidade ao devandito carril bici pola Avenida de Fernández Latorre.

Por outra banda, a circulación de vehículos na rúa Puga y Parga estará restrinxida ás persoas residentes que accedan aos garaxes desta vía.

Canto á superficie de calzada renovada, esta ascende a 770 m², dos cales uns 180 m² correspóndenlle ao carril bici e outros 590 m² á zona peonil. Ademais, dotarase a vía dunha rede separativa para mellorar o tratamento das augas da zona, o que aliviará a capacidade actual da rede.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión