Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de outubro de 2014

A reforma da rúa Observatorio arrinca este mércores, día 15

Os traballos custarán 69.477,84 euros e durarán tres meses. O obxectivo é mellorar a accesibilidade.

A reforma da rúa Observatorio, unha obra enmarcada dentro do plan Urbana C, arrincan este mércores, día 15 de outubro, segundo informou hoxe mesmo o Goberno municipal, a través da Concellería de Infraestruturas. O Concello coruñés inviste nesta actuación, que ten un prazo de execución de 3 meses, un total de 69.477,84 euros.

Este novo proxecto na Agra do Orzán inclúese tamén no investimento impulsado polo equipo de goberno co fin de mellorar espazos públicos no barrio. Para a reforma da rúa  Observatorio presentáronse 27 propostas. Finalmente, adxudicouse a Excavaciones J. Cancela Esmorís por 69.477,84 euros -o que supuxo unha rebaixa de 38.731,50 euros, un 35,8%, con respecto ao orzamento de licitación-, segundo a información facilitada polo Consistorio.

O proxecto da rúa Observatorio recolle a creación dunha plataforma única para favorecer a comodidade do usuario, con beirarrúas e vaos peonís máis amplos para mellorar a accesibilidade, seguindo así as directrices que xa se fixaron noutras actuacións de similares características, como a reforma integral da rúa Cuba. "Na actualidade, a rúa Observatorio conta con dúas beirarrúas estreitas que dificultan a mobilidade peonil", admite o Goberno local.

A nova intervención urbanística que desenvolverá a Concellería de Infraestruturas dentro do plan Urbana C tamén permitirá contar con máis árbores e novo mobiliario urbano na contorna da rúa Observatorio. Ademais, dotarase a vía de rede separativa de saneamento e canalizacións para iluminación e telecomunicacións das que carecía. Ademais, recolleranse as augas pluviais procedentes das baixantes dos inmobles, así como a instalación dunha rede nova de sumidoiros  que recollan a auga de choiva.

 

Fonte: La Opinión A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión