Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de agosto de 2019

As obras da glorieta de Ramón y Cajal con Pérez-Ardá comezarán en setembro

O Concello coordinará os traballos de demolición e pavimentación da calzada cos principais afectados, como son a estación de autobuses, o colectivo de taxis, os responsables do centro comercial e os do aparcadoiro da praza do Tebeo, entre outros

O día 9 de setembro está previsto que comecen as obras de remodelación dos cruzamentos das rúas Salgado Torres, Fernández Latorre, Ramón y Cajal e Alcalde Pérez-Ardá, onde se construirá unha glorieta. Os traballos  de demolicións e pavimentacións desta realizaranse en tres fases. Na primeira delas, o Concello cortará o tráfico polo túnel de Salgado Torres, que quedará como de entrada e saída de obra, e habilitará un carril por Pérez- Ardá, ao quedar inutilizado o sentido que vén de Fernández Latorre e conecta con esta rúa. Poderase tamén acceder a Ramón y Cajal desde Pérez- Ardá.

No segundo tramo, quedará cortada a rúa Ramón y Cajal en ambos os sentidos desde a avenida de Oza, agás para particulares con garaxes e autobuses e taxis que vaian en dirección á avenida do Exército e á rúa Alcalde Marchesi. Por outro lado, o túnel de Salgado Torres volverá a ser transitable desde Pérez-Ardá, rúa pola que se poderá circular en ambos os dous carrís.

Xa na terceira fase, permitiranse todas as rutas e a rotonda estará operativa aínda que provisional e cun único carril. Desde a Concellería de Infraestruturas coordinarán as obras con todos os diferentes operadores e afectados que traballan na zona, como son a estación de autobuses, o colectivo de taxis, o centro comercial ou o aparcadoiro da praza do Tebeo, entre outros. Ademais, os cambios principais faranse de noite para evitar incidencias de tráfico. Estímase que a duración de cada fase será de aproximadamente un mes.

Desde finais de maio ata agora, executáronse actuacións previas á demolición da calzada como foi a instalación de canalizacións de pluviais e para o cableado da iluminación e semáforos.   

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión