Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de outubro de 2018

O Concello acomete a mellora dos servizos e das condicións de seguridade do parque infantil de Matogrande

O proxecto, que foi escollido nos Orzamentos Participativos, inclúe a reforma do perímetro, a naturalización do espazo e a instalación dunha fonte e papeleiras

A Concellería de Rexeneración Urbana iniciou esta semana as obras para o acondicionamento do parque infantil de Matogrande, un proxecto escollido pola cidadanía mediante os Orzamentos Participativos e que consiste no remate e a mellora do cerrado da área de xogos e a dotación de novos puntos de auga e papeleiras. "O parque está nunha zona con moito tráfico, polo que o valo cumpre unha función de seguridade que agora se ve incrementada. O cerrado de madeira será completo, chegará ao chan para evitar que saian elementos de xogo fóra do recinto e contará tamén cunha nova entrada", explica o responsable da concellería, Xiao Varela.

Esta reforma do parque infantil, que reuniu os apoios necesarios para ser seleccionada nos Orzamentos Participativos do pasado ano, incluirá tamén a dotación dun punto de auga, cunha fonte adaptada, e dúas novas papeleiras. Ademais, levaranse a cabo outras melloras para lograr un mellor acondicionamento da área de xogos, como son a instalación de céspede debaixo dos cinco bancos existentes e a plantación de arbustos, resistentes e de folla perenne, como reforzo na protección do perímetro e tamén como illamento natural da zona ante a súa contorna. Tal e como destaca o edil, a obra servirá así mesmo para levar a cabo a certificación do parque segundo a normativa. A actuación ten un orzamento de 14.143,63 euros.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión