Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de agosto de 2018

O Concello acomete, dende o vindeiro martes, obras de mellora da rede de saneamento na avenida de Hércules

A actuación, que terá unha duración estimada de seis semanas, suporá a modificación do percorrido de seis liñas de autobús e introducirá limitacións ao tráfico na vía

A Concellería de Rexeneración Urbana comezará o vindeiro martes 28 unha actuación para substituír dous tramos da rede de saneamento na avenida de Hércules, unha obra imprescindible para o correcto funcionamento do sistema e que suporá unha limitación no tráfico de vehículos, así como modificacións temporais na ruta de seis liñas de autobús. A actuación que se realizará nas canalizacións da rede de saneamento servirán para repoñer 60 metros de tubaxes que presentaban mal estado en dous puntos da rúa, á altura das vías Xerión e Washington e se realizan ao mesmo tempo para causar a menor das afeccións posibles ao tráfico.

A Concellería de Mobilidade Sostible, dirixida por Daniel Díaz Grandío, indica que, durante as seis semanas que duren as obras, só poderán circular pola avenida de Hércules vehículos de menos de 8 metros de longo debido ao espazo que quedará libre na vía durante a realización das actuacións. Isto afectará ao percorrido das liñas 4, 6, 6A, 7, 11 e 17, que modificarán tamén varias das súas paradas habituais.

As obras afectarán a dous puntos da avenida de Hércules, á altura das rúas Washington e Xerión. No primeiro dos casos se habilitará un carril estreito para o paso de vehículos de menos de oito metros de longo, pero no segundo dos puntos de obra será preciso o corte total da rúa, polo que se habilitarán dúas saídas alternativas para a circulación: os vehículos poderán continuar de fronte pola avenida de Hércules a través un desvío provisional de obra na praza de San José ou poderán xirar á dereita na rúa Xerión. Dende o martes haberá avisos das limitacións do tráfico na glorieta da Rolda de Monte Alto, así como para o resto dos cambios previstos para a circulación.

No caso do transporte público, as liñas 4, 7 e 17 circularán desde Santo Tomás pola rúa Pai Rosendo Salvado ata a parada de Hércules-Mercado. Así, non se realizará durante as obras a parada da rúa Alcalde Sanjurjo e avenida de Hércules 115. As liñas 6 e 6A transitarán desde San Amaro por Santo Tomás e Pai Rosendo Salvado ata Hércules-Mercado. Non estarán operativas para esta liña, por tanto, a parada da avenida de Navarra á altura do número 568, as dúas de Rolda de Monte Alto e a da avenida de Hércules, 115. Pola súa banda, a liña 11 desviarase, desde a glorieta da avenida de Hércules, pola Rolda de Monte Alto, avenida de Navarra, Santo Tomás e Pai Rosendo Salvado para retomar o seu itinerario en Hércules-Mercado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión