Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xaneiro de 2020

O Concello reforma a rúa Rianxo para garantir a accesibilidade da vía

Os traballos de mellora nesta rúa do barrio de Catro Camiños forman parte das obras de humanización e accesibilidade que o Goberno local está executando nos diferentes barrios da cidade

O pasado mércores, 8 de xaneiro, deron comezo os traballos de mellora na accesibilidade da rúa Rianxo, no barrio de Catro Camiños. O obxectivo da obra é garantir a accesibilidade tanto nas beirarrúas coma nos cruzamentos e pasos de peóns da vía.

Grazas a unha redución do ancho da calzada o carril central da rúa Rianxo terá 3,5 metros de ancho e porá fin á doble fila.

Os traballos de mellora afectan tanto as beirarrúas que se substituirán completamente como á calzada que se volverá facer parcialmente. En paralelo a estas melloras, desde a Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, explican que tamén se realizarán labores de perfeccionamento na rede de pluviais e fecais.

A obra tambén servirá para mellorar a accesibilidade do paso de peóns da Rúa Petín situado no cruzamento con Rianxo, trasladándoo de posición e adiantando as beirarrúas sobre a calzada.

Canto á arboreda e ás zonas verdes, vanse plantar 14 árbores na vía que, ata o de agora, carecía de árbores. Ademais, ampliarase substancialmente un dos xardíns con céspede e flores vexetais da praza Oito de Marzo.

Esta reforma forma parte das obras de humanización e mellora da accesibilidade en rúas dos barrios da cidade polo que este Goberno local aposta firmemente e como xa viñeron facendo no pasado anteriores gobernos socialistas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión