Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2019

O Goberno local proxecta a ampliación e mellora de tres áreas de xogo infantil na Agra do Orzán, Elviña e Os Rosales e a creación dunha nova no Castrillón, cun investimento de máis 820.000 euros

O edil Xiao Varela salienta que os proxectos, que emanan de peticións da cidadanía, seguen como criterios que poidan ser empregados por nenos e nenas de diferentes idades e que teñan o maior grao de naturalización posible

O edil de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, deu a coñecer esta mañá os proxectos deseñados polo Goberno local para a mellora e ampliación de catro áreas de xogos infantís da cidade, situadas nos barrios do Castrillón, Agra do Orzán, Elviña e Os Rosales, que se corresponden todos eles con demandas cidadás, como apuntou o concelleiro. O investimento previsto para estas catro obras ascende a 822.557,25 euros. "Estes proxectos responden a demandas da veciñanza, tanto a través das asociacións como vía orzamentos participativos ou outras ferramentas de participación como o Dillo Ti. Son proxectos desexados e que nós tamén devecemos por materializar", manifestou Varela, quen indicou que a súa execución depende da aprobación dos orzamentos ou do uso dos remanentes do pasado ano. Nestes proxectos, a Concellería de Rexeneración Urbana aplicará os mesmos criterios que se seguiron en obras de mellora de espazos de xogos xa executadas, como son as das prazas da Tolerancia, Isaac Díaz Pardo ou San Pablo, e que garanten que os espazos poidan ser utilizados por nenos e nenas de diferentes idades e que sexan o máis folgados e naturalizados posible.

O proxecto de creación dunha nova área infantil na praza da Concordia, no barrio do Castrillón, que, como indicou o edil, foi consensuado coa asociación veciñal, contará cun muro vexetal no seu perímetro para protexer aos nenos e ás nenas do tráfico e dúas áreas de xogo diferenciadas, o que facilitará a accesibilidade. O proxecto ascende a 257.273,60 euros. A segunda as intervencións presentadas, que foi elixida a través dos Orzamentos Participativos, realizarase xunto á rúa Rafael Alberti, onde se creará unha área cun pavimento de caucho e máis e máis variados xogos e elementos infantís, "que van aumentar a funcionalidade do espazo". A súa execución está valorada en 67.984,88 euros. Outras das actuacións pactadas cunha asociación veciñal é a que se levará a cabo na praza das Conchiñas. Neste espazo, o Goberno local ampliará a área de xogos existente, que xa non quedará limitada ao foso actual e se estenderá pola praza con construcións de maior tamaño que aproveitarán o desnivel. Ademais, gañará en elementos vexetais e en zonas de sombra. "Neste proxecto imos tentar introducir a estatua dos liberais, que é unha das peticións da asociación veciñal, e para a que estamos estudando a localización máis adecuada", apuntou sobre o proxecto, que ascende a 297.298,78 euros. O concelleiro introduciu tamén o deseño para a ampliación e mellora da área de xogo na praza Elíptica, nos Rosales, que roza os 200.000 euros. "Neste caso vaise respectar o ámbito pero vanse a introducir moitos máis xogos. Vai ser a actuación máis extensa e a máis semellante á configuración da praza da Tolerancia", indicou. Ademais, farase a substitución do pavimento de grava por caucho e céspede artificial.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión