Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2019

Villoslada asegura que é prioritaria a conexión da Vía Ártabra coa A-6 para mellorar a mobilidade da área coa cidade

O concelleiro de Urbanismo recibiu hoxe á Asociación de Afectados polas Infraestruturas para abordar a execución do vial Insta á Xunta a reflexionar sobre o enlace na Gándara, xa que di, aínda está a tempo

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, recibiu esta mañá á Asociación de Afectados polas Infraestruturas en María Pita. No encontro abordouse o polémico entronque da Vía Ártabra coa AP-9, na Gándara, que afecta directamente a un humidal protexido e que foi elixido pola Xunta a pesar do aprobado no Plan Viario de 2004.  Villoslada instou á Xunta a reflexionar sobre a conexión na Gándara e insistiu que "aínda está a tempo de facelo".

Villoslada asegurou que é unha prioridade en materia de mobilidade que a Vía Ártabra  chegue ata a A-6, en Arteixo, "pero non só para a área metropolitana senón tamén para A Coruña. O obxectivo deste vial, desde a súa concepción, é unir a área metropolitana ca fin de que os vehículos de Oleiros, por exemplo, que queren dirixirse a Arteixo non se vexan obrigados a entrar na Coruña e o fagan de forma directa. Trátase de diminuír o tráfico na cidade de vehículos pesados que transportan mercadorías ente os polígonos industriais da área, de coches privados, etc."

Neste senso, Villoslada apuntou que o Goberno local entende que a conexión coa A-6 garante unha conexión sen peaxe. Ademais, cre que o entronque na Gándara non debe crear unha afección ambiental e social ao Concello de Cambre, posto que a opción exposta por esta administración local,  realizar a ligazón en Catro Camiños, permite continuar o trazado cara á A-6, tal e como se concibiu a propia  infraestrutura.

Pola súa banda, un dos portavoces da plataforma, Javier Rodríguez, apuntou que a Xunta debe retomar o Plan Viario que era accesible para todos e non só para os veciños con maior capacidade económica. "O tráfico pesado dos polígonos non debe cruzar por estradas secundarias ou polo centro da Coruña para ir dun  concello  a outro".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión