Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actualidade do plan

Ciclo Cultura Coruña

A cultura e a creatividade como motores económicos da transformación e o posicionamento de marca-cidade da Coruña.

Cando:

Os días 09/10/2014, 10/10/2014

Xa rematou

Horario:

Xoves 9 de outubro: 16.30 a 20.30 h.

Venres 10 de outubro: de 9.45 a 14.00 horas e de 16.00 horas a 19.10 horas.

Requisitos:

As inscricións que xa están abertas pódense realizar no correo:

jornadasindustriasculturales@coruna.es

Organiza:

Concello da Coruña

Documentos:

Programa Ciclo #CulturaCoruna (1 MB)

O Concello da Coruña organiza o ciclo #CulturaCoruna co lema “Na Coruña, a cultura é cidade”. Un ciclo que pretende mostrar como as cidades poden transformar o seu modelo e mellorar as condicións de vida da cidadanía mediante o impulso de iniciativas da Industria Cultural e Creativa, prestando atención á creación, á cultura e a creatividade, esenciais para a diversidade cultural, e para a contribución ao desenvolvemento económico e social das cidades e os territorios. Este ciclo realizarase nas instalacións do Centro Ágora.

As xornadas #CulturaCoruna están estruturadas en tres bloques temáticos:

BLOQUE I: Emprendemento cultural e creativo

O programa #CulturaCoruna arrincará o xoves 9 de outubro en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas. Este primeiro bloque está orientado principalmente a emprendedores culturais e creativos, e dividirase en dúas mesas redondas.

A primeira das mesas sobre financiamento de proxectos culturais e creativos estará moderada por Gonzalo López, responsable de xestión de artistas de Sony Music, achegará os mecanismos financeiros de impulso e consolidación de iniciativas empresariais das industrias culturais e creativas como o crowdfunding, businnes angels, capital semente, roldas de financiamento específico... Esta mesa contará coas plataformas de Crowdfunding Verkami e Telefónica-Open Future Galicia, xunto a ENISA e Triodos Bank. A segunda mesa centrada na promoción e no márketing dixital que moderará Isidro Fernández, responsable de márketing de R Cable, contará Elena Neira, Álvaro Rebollo, João Carvalho e José Lebrero.

BLOQUE II: Estratexias de promoción da cultura e a creatividade

O segundo día, que será inaugurado por Ana Fernández, concelleira de Cultura do Concello da Coruña, reunirá nunha primeira parte máis institucional a Begoña Carro, subdirectora xeral de Cooperación coas Comunidades Autónomas da Secretaría de Estado de Cultura, co seu relato sobre a cultura na estratexia de desenvolvemento. Tras a súa intervención Tamar Lavado de Europa Creativa Desk (subprograma cultura) intervirá cun relatorio sobre o novo programa Europa Creativa. A mañá cerrarase coa mesa sobre Políticas de apoio á cultura e á creatividade. Unha completa e diversa mesa que achegará as experiencias e visións dos representantes de Addict (Clúster das Industrias Creativas do Norte de Portugal), a Fundación SGAE e o ICEX.

BLOQUE III: Industrias culturais e creativas motor de cambio da cidade

O encargado de abrir a sesión da tarde e este terceiro bloque temático será Jam Willem, experto en xestión cultural e ex-director do Rijksmuseum (2002-2010) que achegará a súa experiencia sobre a transformación da cidade de Ámsterdam a través do relatorio "The art of city branding".

Na mesa de experiencias de transformación urbana e posicionamento das cidades a través da cultura poderanse escoitar os casos do Porto, Ámsterdam e Liverpool, moderados por Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía.

Ás 19.10 horas procederase a clausura do Ciclo #CulturaCoruna cunha proxección audiovisual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión