Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xullo de 2019

A rúa Casares Quiroga gaña en accesibilidade e espazos verdes tras a reforma

A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada comprobaron de primeira man o resultado da actuación

A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitaron a rúa Casares Quiroga que xa está operativa ao tráfico despois dunha reforma que consistiu na rehabilitación do pavimento, o cambio de firme de asfalto por unha celosía con céspede e a adecuación da contorna con máis metros cadrados de zonas verdes e a ampliación das beirarrúas. Ademais, tamén se acometeron melloras na rede de pluviais.   A rexedora destacou que a actuación reverte nunha maior accesibilidade na zona e unha estética que fai o paseo máis agradable. Este enclave da segunda fase do Polígono de Elviña estrea tamén elementos de mobiliario como papeleiras e conta con novas árbores.   

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión