Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de febreiro de 2019

A Xunta de Goberno local dará luz verde ao proxecto de reurbanización da rúa Nosa Señora do Rosario, que mellorará o tránsito peonil e o coidado do casco histórico da cidade

A actuación eliminará as beirarrúas para crear unha plataforma única o que permitirá avanzar na uniformidade das vías na Cidade Vella. A obra, que precisou da pertinente autorización de Patrimonio da Xunta, forma parte dun paquete de medidas de urbanización para a revitalización da zona no que se invisten máis de tres millóns de euros.

A Xunta de Goberno local dará o vindeiro venres o visto bo ao proxecto de urbanización da rúa Nosa Señora do Rosario, na Cidade Vella, unha vez que a actuación conta coa pertinente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Esta reforma forma parte dun paquete de actuacións de urbanización que o Goberno local está a acometer no casco histórico, dentro do plan de revitalización do barrio, e que sobrepasa os tres millóns de euros de investimento. As obras comprenden, ademais do proxecto na rúa Nosa Señora do Rosario, a segunda fase da repavimentación do ámbito da Maestranza, intervencións no entorno da Fundación Luís Seoane e obras nas rúas Damas e Cortaduría, todas elas trasladas á veciñanza a través da Mesa da Cidade Vella.

As obras de urbanización da rúa do Rosario, que contan cun orzamento previsto de licitación de 806.000 euros recollido no proxecto de orzamentos do Goberno local e un prazo de execución de 6 meses, ten por obxecto a reforma da rúa e do espazo de Porta de Aires para a supresión de beirarrúas e a formación dunha plataforma única con pavimentos de cantería. "Con estas accións melloraremos o tránsito peonil da rúa e tamén avanzamos no coidado dun espazo público con valor histórico e na integración e na uniformidade das vías do centro histórico da cidade. Unha vez suprimimos a circulación e o aparcadoiro de vehículos, agora imos un paso máis alá coa eliminación das beirarrúas e a instalación dun chan en laxa de granito que estea todo ao mesmo nivel", indica o concelleiro Xiao Varela.

A actuación consistirá na eliminacións dos parterres e a unificación dos distintos niveis na parte superior da rúa, na conexión con Campo da Estrada, mentres que na súa parte máis baixa, ao redor de Porta de Aires, a obra contempla un maior aproveitamento para a cidadanía no espazo. Deste xeito, crearanse zonas de sombra con novo arborado e se mellorará e ampliará o equipamento público coa colocación de máis bancos para o goce do espazo. A Concellería de Rexeneración Urbana aproveitará tamén a obra en superficie para realizar unha mellora das infraestruturas subterráneas existentes, como da recollida de augas pluviais, as canalizacións de servizos como electricidade, telecomunicacións ou iluminación, "moitas das cales se atopan no exterior nestes momentos, invadindo as fachadas das edificacións".  Esta urbanización, como a da contorna da Luís Seoane, requiriu da autorización de Patrimonio debido a que a súa execución modifica a ordenación de pavimentos contemplada no Pepri, que contemplaba o mantemento de beirarrúas e zonas de estacionamento para vehículos.

Estas obras de urbanización da Cidade Vella enmárcanse dentro das liñas de operación contidas no proxecto EidusCoruña, que está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (antes POCS).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión