Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xullo de 2016

O alcalde da Coruña reúnese co conselleiro de Sanidade para activar o futuro centro de saúde de Santa Lucía

A xuntanza entre Xulio Ferreiro e Xesús Vázquez Almuíña desenvolveuse nun clima “cordial” no que rexedor volveu amosar o desexo de “comezar canto antes coa obra, pero para iso agardamos que a Xunta concrete as liñas do centro de atención primaria previsto xunto ao Mercado”, dixo, á vez que saudou “o diálogo e disposición amosada” pola administración autonómica na reunión

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse esta mañá co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, nunha xuntanza celebrada en San Caetano por mor do proxecto de rehabilitación do edificio que alberga o mercado municipal de Santa Lucía, onde a Xunta se comprometeu a ubicar un centro de saúde, "unha vella reivindicación da cidadanía, coa que o Concello está absolutamente volcado". Así, no citado encontro, o primeiro edil coruñés indicou que o Goberno local está en disposición de abordar o proceso de rexeneración do edificio. "Debido a todo o traballo desenvolvido nestes meses estariamos en condicións para iniciar o proxecto, que é o que queremos, e solicitamos que a Xunta concrete as súas necesidades con respecto ao Centro de Atención Primaria, e ese é o compromiso que nos levamos desta xuntanza", explicou.

O rexedor cualificou de "cordial" a reunión que tivo lugar nas dependencias da Consellería de Sanidade, en San Lázaro (Compostela) e á que tamén acudiu o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, que posúe as competencias nos mercados municipais. "Este Concello ten claro que é necesario dotar canto antes a esta zona da cidade dun mercado de abastos en condicións, que é competencia municipal, así como dun centro de saúde, competencia da Xunta", apuntou. Nesta liña, o actual Executivo municipal impulsou unha cesión de espazo e un cambio de usos na parcela do mercado de Santa Lucía, que foi aprobado en Pleno, xa que se trataba dun trámite necesario para posibilitar a construción do centro de saúde. "Esta nova fase de diálogo coa Xunta pensamos que deberá dar froitos moi pronto e nese sentido a colaboración do Concello coa administración autonómica será total, e agardamos que o compromiso da Xunta coa cidade se manexe nos mesmo términos".

O proxecto do mercado

O proxecto de rexeneración de Santa Lucía que contempla o Goberno local da Coruña permitirá ampliar notablemente o espazo de entrada á zona do mercado, en continuidade cunha planta baixa que será completamente permeable. Deste xeito, o edificio que albergará o mercado semellará máis unha praza cuberta que un contedor pechado. "A proxecto municipal está baseado na propia histórica de Santa Lucía, e recorda cando este era un mercado ao aire libre", comentou o edil de Emprego e Economía Social. "É un proxecto que busca impulsar o mercado municipal como espazo de centralidade do barrio. Un lugar de encontro da veciñanza que ademais contará cun centro de saúde", engadiu.

"Trátase da aposta do Concello por un novo modelo de mercado municipal, que vai máis alá dun mero espazo de compra-venda e incorpora a vida cultural e patrimonial que xiran entorno a gastronomía e aos produtos, algo que sempre estivo presente na vida dos mercados", apunta o concelleiro Lema.




 

Documentos:

Gráfico Santa Lucía (PDF) (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión