Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de setembro de 2014

O barrio da Agra do Orzán convida os veciños ao seu primeiro festival

A rúa Barcelona acollerá o 20 de setembro esta cita musical, cun cartel de música galega tradicional e contemporánea.

A Agra do Orzán non quixo quedar atrás nas citas musicais doutros barrios e terá o seu día grande o próximo 20 de setembro coa realización do seu propio festival, Foliagra 2014. A rúa Barcelona foi o lugar elixido para desenvolver todas as actividades programadas para este día.

Pasacalles, actuacións musicais para os máis pequenos, foliada e dous concertos, "moi diferentes pero que farán bailar a todos os que se acheguen a velos".

Os bailes d'A Rexouba, Donaire e Frouma animarán a rúa Barcelona ao longo de toda a tarde. Sés será a encargada de comezar a noite co seu concerto, con cancións que van dende o blues ata os ritmos máis latinos, editadas en galego e en feminino coa voz da vocalista María Xosé Silvar. A fin de festa no barrio poñeraa o grupo coruñés Fracasados de antemano, que fará bailar a todos os asistentes coas súas divertidas fusións e composicións.

Os encargados da organización do festival, a Asociación de Veciños da Agra do Orzán, quixeron que o barrio goce dun "día propio", cun programa variado, bailes tradicionais galegos e festa para todos os públicos, dende a actuación do grupo de música infantil Pirilampo ata os concertos organizados durante toda a noite. O seu obxectivo é, desta maneira, ter un día no que "poder reunirse todos os veciños da zona e todos aqueles que se queiran achegar dende fóra para pasar un día agradable".

 

Fonte: La Opinión A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión