Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de setembro de 2018

O Concello acomete os traballos de demolición de dúas vivendas dos Mallos en situación ruinosa

O Goberno local, que inicia a vindeira semana a actuación nunha das casas, dá cumprimento a unha demanda da veciñanza e elimina con estas actuacións, dous puntos conflitivos para a seguridade e salubridade no barrio

O Goberno local levará a cabo a demolición de dúas vivendas situadas nos Mallos e que presentan un estado de ruína. A Concellería de Rexeneración Urbana iniciará os traballos nun dos inmobles esta vindeira semana, mentres que a segunda das vivendas será derruída no mes de novembro, unha vez finalice o proceso de contratación da obra. "A demolición das dúas vivendas, que se atopan en moi malas condicións e que levan un tempo sen ser habitadas, é unha reclamación da veciñanza, que denunciaba que os dous inmobles eran fonte de problemas e de salubridade e inseguridade no barrio", explica o edil Xiao Varela.

O primeiro inmoble que vai ser demolido está situado na Agra dos Mallos e é actualmente propiedade municipal, despois de que o Concello a adquirira á Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES). No mes de xuño do presente ano, o Goberno local contratou a demolición desta edificación, na que se iniciaron as tarefas previas de limpeza. Porén, nestes traballos iniciais detectouse a presenza de amianto, polo que foi preciso seguir o protocolo de retirada destes materiais con seguridade. Finalmente, a demolición comezará a vindeira semana. Cabe resaltar que este inmoble atópase situado sobre o trazado dos futuros accesos á estación Intermodal ao seu paso polo polígono da Sardiñeira, polo que, con esta intervención, adiántase na súa futura execución.

No segundo dos casos, un inmoble situado na rúa Puerto Rico, número 25, o Concello actúa de maneira subsidaria. "Trátase dunha vivenda que leva un década nun estado declarado de ruína e con orde de demolición. A entidade propietaria da mesma comunicóuselle, pero non atendeu esta obriga nin tampouco o pago das multas coercitivas impostas. O Concello decidiu incoar un expediente para abordar a súa execución subsidiaria debido ao estado do inmoble", apunta Varela. A vivenda presenta as ventás e as portas abertas, o que permite a entrada de auga, persoas e animais, "do que derivaron numerosos informes policiais e incluso varios incendios, o que demostra o perigo de manter esta situación". Neste sentido, o responsable municipal indica que o Goberno local recolle as demandas da veciñanza dos Mallos ao respecto da situación das vivendas, e tamén segue a avanzar na configuración dos accesos á futura estación intermodal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión