Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de agosto de 2019

O Concello destinará os soares e inmoble de San Nicolás e Marqués de Pontejos a cinco vivendas sociais de alugueiro

Urbanismo solicita unha subvención dentro do Programa de Fomento de Aluguer do Plan Estatal de Vivenda 2018-2019, que resolverá a Xunta de Galicia en outubro e que permitirá a execución dun proxecto cun custo total estimado de 1.048.822,60 euros

Urbanismo solicita unha subvención dentro do Programa de fomento do alugueiro do Plan estatal de vivenda 2018-2019, que convocan desde a Xunta de Galicia, para executar o proxecto de edificación nos soares e o inmoble de propiedade municipal sitos no número 26 da rúa San Nicolás e número 15 de Marqués de Pontejos, destinados a vivendas sociais. A obra ten un custo total estimado en 1.048.822,60 euros e, caso de recibir a axuda, o prazo máximo para executala sería en outubro de 2021, dous anos despois da resolución do Goberno autonómico, que está prevista que se anuncie en outubro. En caso de que o Concello resulte beneficiario da subvención, publicarase o concurso de licitación e o contrato adxudicarase en febreiro do ano que vén. O plan deseñado polo arquitecto Jorge Salgado dividirá a construción nun novo bloque con dous apartamentos en dúplex de dous dormitorios en Marqués de Pontejos e tres dun dormitorio no edificio existente en San Nicolás coa posibilidade de integrar nos baixos dous locais sen uso específico.  

No plan de rehabilitación e integración do novo inmoble prima que este lugar sexa unha fiel expresión da cultura da cidade, un paradigma de espazos, formas, materiais, texturas, olores e cores que recorden o rico pasado da Coruña e que harmonice, por unha parte, o trazado medieval do barrio de Pescaría, ao que pertence o edificio de San Nicolás, e por outro, a apertura de Marqués de Pontejos, de principios do século XX, de vocación racionalista, e que serviu para comunicar o mercado de Santo Agostiño coa Estreita de San Andrés.  

A proposta centra todo o seu interese en atopar o concerto arquitectónico, entre a preexistencia que conforman os históricos muros de carga do inmoble de San Nicolás, e a aparición dun novo volume en Pontejos, que dialogará coas edificacións lindeiras da propia rúa. Porén, a nova construción acomodarase ás alturas, voos e aliñacións dos bloques existentes e non se limitará a unha actuación na epiderme, senón que irá ás entrañas da Coruña. 

Por outra parte, as conexións verticais resolveranse cun núcleo de escaleiras e un ascensor adaptado que lles dará acceso a cada unha das plantas a todas as persoas con independencia das súas habilidades físicas ou psíquicas. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión