Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de maio de 2018

O Concello traslada ao presidente de AENA a necesaria ampliación da terminal de Alvedro e outras actuacións dirixidas a mellorar a súa operatividade e reducir os desvíos

O alcalde e o concelleiro de Emprego abordaron nunha xuntanza esta mañá co presidente do operador aeroportuario os investimentos que Alvedro precisa: ampliar as salas de espera, renovar as cintas de recollida de equipaxes e dous ‘fingers’ para os embarques

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, trasladaron esta mañá ao presidente de AENA, Jaime García-Legaz, as melloras que o Concello considera fundamentais para o funcionamento do aeroporto de Alvedro, entre as que se atopan a ampliación do espazo da terminal e a posta en marcha coa maior celeridade posible do sistema que reduza a taxa de desvío de voos. "O noso aeroporto está agora mesmo ao cen por cen e temos unha lista de cuestións que deben ser melloradas a curto prazo", indicou Lema, quen mencionou a ampliación das salas de espera, a renovación das cintas de recollida de equipaxes e a dispoñibilidade de dous novos fingers, entre as cuestións que foron comunicadas ao presidente de Aena.

A estas reclamacións sobre o edificio se suman tamén outras relacionadas coa operatividade da pista, como a execución da instalación dun sistema de aterraxe por aproximación dende a cabeceira norte da pista, que xa está a acometer AENA, uns traballos que o Concello pediu que se rematen "o antes posible".

O presidente de AENA, pola súa banda, indicou que este sistema, que está destinado a reducir o número de desvíos de avións cando as condicións meteorolóxicas non son favorables, estará operativo nun prazo aproximado "de entre seis y nueve meses". "Estamos realizando trabajos técnicos para reducir y minimizar el número de desvíos. Están hoy trabajando con el avión que realiza la pruebas y confiamos en un plazo de tiempo razonablemente breve tener en marcha el sistema que permita que el número de desvíos que anualmente se producen en el aeropuerto de A Coruña se reduzcan sustancialmente", explicou.

Lema indicou que o Concello incluirá estas reclamacións no período de alegacións durante a exposición pública do Plan Director do aeroporto, que se publicará nas próximas semanas no Boletín Oficial do Estado, como avanzou García-Legaz.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión