Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de agosto de 2019

Urbanismo traballa na reparcelación do Ofimático para axilizar a segunda fase de urbanización

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, asistiu á inauguración institucional do Lidl, que supón “un paso máis” no novo polígono

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, e a concelleira de Comercio, Diana Cabanas, acudiron esta mañá a coñecer o novo espazo comercial Lidl, que se abrirá mañá ao público no Parque Ofimático, e que para Villoslada, supón un paso máis no novo polígono e para a súa área de influencia porque nel "xa están vivindo entre 150 e 160 familias e hai que darlles servizos".

O edil lembrou que o reto fundamental do Goberno Local é que o ano que vén poidan comezar as obras da segunda fase de urbanización: "Hai complexidades, pero estamos traballando niso".

Por iso, engadiu que neste meses traballarán para rematar con toda a reparcelación co fin de licitar esta segunda fase no menor tempo posible. Neste aspecto, remarcou que a posta a punto do barrio pasou estes días por facer algúns arranxos que demandaron as cooperativas e as comunidades de veciños, pero "temos que ver o tema dos accesos".

A superficie comercial daralles traballo a 22 persoas, sete máis que as que estaban no Lidl de Alfonso Molina, xa que prevén máis vendas.

O xerente de Inmobles e Expansión de Lidl para Galicia, Luis Biempica, informou os concelleiros de que se trata dun modelo de tenda diferente, coa incorporación dunha plataforma fotovoltaica para o autoconsumo e dúas prazas de aparcamento, de xeito que quen teña coche eléctrico poida cargalo mentres merca, e este é o primeiro centro galego que dá este servizo. Ademais, destacou a cristaleira da fachada, que permitirá ver a vida interior do negocio e que a clientela manteña o contacto co exterior.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión