Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ordenanza conservación e rehabilitación de inmobles

O artigo 47 da Constitución Española ordena aos poderes públicos promover as condicións necesarias e establecer as normas pertinentes para facer efectivo o dereito dos españois a unha vivenda digna e adecuada, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. Por elo, un dos obxectivos esenciais das políticas públicas en materia de vivenda, especialmente nas cidades densamente poboadas, é potenciar a existencia dunha suficiente oferta que permita garantir o exercicio deste dereito por parte dos cidadáns e que contribúa á contención de prezos no mercado inmobiliario.

Para a consecución destes obxectivos considérase necesario fomentar a utilización daqueles mecanismos xurídicos cuxa función consiste en garantir o cumprimento dos deberes urbanísticos de edificación e conservación que pesan sobre o propietario, non só coa finalidade de evitar fenómenos especulativos, senón tamén para conseguir a revitalización de zonas urbanas que presenten algún síntoma de degradación, preservar a imaxe urbana da cidade e garantir condicións adecuadas de salubridade e ornato público.

Documentos:

Ordenanza conservación e rehabilitación de inmobles (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión