Concello da Coruña

Concello da Coruña

SERVIZO DE INTERVENCIÓN DA EDIFICACIÓN E DISCIPLINA URBANÍSTICA:

As competencias municipais en materia da intervención administrativa na actividade dos administrados para a aplicación e o control da legalidade e os planeamentos urbanísticos conforman o conxunto das tarefas e a tramitación dos procedementos dos que se ocupa este servizo. Tal intervención realízase dun modo completo e global e alcanza a toda clase de usos do solo pertencente ao territorio municipal, de acordo co previsto polo planeamento de aplicación, por iso o control municipal abarca desde o fomento da edificación, a adopción de ordes de execución para obrigar ao cumprimento dos deberes inherentes á propiedade, o sometemento das construcións, instalacións, construcións e implantación de actividades á obtención previa de licenza municipal, e a tramitación dos expedientes en caso de vulneración da legalidade dos expedientes de reposición da legalidade e sancionadores.

Os citados procedementos relaciónanse coas materias seguintes:

Fomento da edificación

  • É obxecto do control municipal o cumprimento das obrigas por parte das persoas propietarias de urbanizar e edificar/reedificar nos prazos legalmente establecidos, de acordo co establecido pola lexislación do solo e o planeamento urbanístico. O incumprimento daquelas dará lugar á incoación do procedemento legalmente establecido para tal fin, segundo a clasificación do solo de que se trate e o réxime de directo ou indirecto que a Administración determine. Neste caso, unha vez terminado o procedemento, remitiráselle o actuado á empresa municipal encargada da expropiación e edificación/reedificación, quen substitúe a propiedade para o cumprimento das obrigas establecidas.

Licenzas

  • O fundamento da intervención da Administración exércese como un control previo sobre as actividades dos administrados para asegurar que o aproveitamento e os usos que se proxectan no solo se axusten á lexislación urbanística e ao planeamento. Trátase, por tanto, de actos administrativos de control da legalidade e de carácter regrado.
  • As licenzas outórganse, en consecuencia, de acordo coa normativa urbanística, a salvo o dereito de propiedade e dos de terceiros, (os conflitos de todo orde, relacionados con estes extremos excédense das competencias municipais e correspóndenlles aos xulgados de primeira instancia).
  • Xunto coas licenzas urbanísticas, tramítanse as licenzas de actividades e aperturas.
  • Nos supostos nos que a implantación de actividades requira a execución de obras, as licenzas concederanse conxuntamente nun único acto administrativo e pronunciaranse sempre en primeiro termo sobre a viabilidade da autorización da licenza de apertura ou actividade, xa que de proceder a súa denegación non se entrará a examinar a urbanística e así se lles comunicará ás persoas interesadas.
  • Nos casos nos que a concesión de licenzas comporte a obriga dos seus titulares de executar simultaneamente as obras de urbanización, indicarase expresamente e esixirase, previamente, un aval ou fianza por importe igual ao valor da execución destas, como garantía do cumprimento da citada obriga.
  • Igualmente, cando a aliñación oficial establecida polo planeamento afectase á parcela, será obrigatoria, previamente, a formalización da acta de cesión da porción do terreo afectado, que se incorporará á correspondente escritura pública e inscribirase no Rexistro da Propiedade. Para iso, a persoa solicitante achegará a escritura de propiedade da parcela.

Disciplina Urbanística

  • Con carácter xeral, o termo alcanza o control da legalidade dos actos das persoas administradas por medio dos procedementos anteriormente relacionados e, con carácter estrito, dá lugar á tramitación dos expedientes de reposición da legalidade urbanística que fose vulnerada e á dos sancionadores que procedan, de acordo coa tipificación legal das condutas. O obxecto dos primeiros é a restauración da legalidade física alterada, de maneira que as persoas responsables da ilegalidade coloquen os terreos, edificacións e usos na situación na que se encontraban con anterioridade. Os segundos perseguen a corrección da conduta infractora coa imposición das sancións legalmente previstas ás persoas responsables.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión