Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Urbanismo

A cidade cara á auga

A cidade cara á auga

A cidade cara á auga.

Congreso A cidade cara á auga (outubro 2008)

A relación entre a cidade e a auga está a renovarse en profundidade creando novos espazos abertos e emprazando actividade cívica e cultural. Este fenómeno está a permitir unha reconsideración doutros elementos fundamentais no funcionamento da cidade: O transporte público diversifícase, o crecemento residencial afronta novas cotas de sustentabilidade, a actividade económica toma outras formas, establécese maior continuidade entre os espazos públicos e os naturais.

O congreso vai agrupar unha serie de profesionais e académicos de diversas disciplinas que explicarán críticamente as actuacións nalgunhas cidades europeas a partir de intervencións en curso, co fin de trasladar á sociedade o interese por estratexias urbanísticas que recuperan e potencian a relación entre a auga e a cidade, poñendo de manifesto como as distintas intervencións concretas inflúen no conxunto da cidade e afectan os seus habitantes.

Joan Busquets

Director Científico do Congreso

Programa

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?