A documentación do Plan Xeral que aquí se facilita, correspóndese co Texto Refundido requirido pola Orde de 25 de febreiro de 2013, ditada polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, pola que se aprobou definitivamente o documento do Plan Xeral de Ordenación municipal da Coruña, publicada no DOG n? 48 de 8 de marzo.
A anterior documentación publícase, de forma gratuíta, en cumprimento do artigo 100 da Lei 9/02 de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no que se sinala que "os instrumentos de ordenación urbana, con todos os seus documentos, tanto se se atopan aprobados como durante a súa tramitación, serán públicos e calquera persoa poderá, en todo momento, consultalos, obter copias dos mesmos previo pago do prezo correspondente e solicitar información sobre os mesmos no Concello".
O Tomo I e o Tomo II de contestación de alegacións, suprimíronse da publicación web por conter datos persoais, en cumprimento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, non obstante o anterior o documento completo poderá ser consultado nas dependencias da área de Urbanismo (Praza de Indalecio Prieto, 1-3).
Inicio 05b_PLANOS DIN A3
Tipo | Nome | Data | Tamaño |
---|---|---|---|
05b1_PLANOS_a.pdf | 19/12/2022 | 0 Bytes | |
05b2_PLANOS_b.pdf | 19/12/2022 | 158.86 Mb | |
05b3_PLANOS_c.pdf | 19/12/2022 | 162.37 Mb | |
05b4_PLANOS_d.pdf | 19/12/2022 | 298.12 Mb | |
05b5_PLANOS_e.pdf | 19/12/2022 | 108.65 Mb | |
05b6_PLANOS_f.pdf | 19/12/2022 | 127.05 Mb | |
INDICE TOMOS.txt | 19/12/2022 | 350 Bytes |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible