Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Urbanismo

Servizos

Realización de informes, emisión de cédulas e certificados urbanísticos:

Por petición dos interesados particulares, ou de administracións públicas que o necesitan, realízanse informes de parcelas incluídas no termo municipal da Coruña. Se así se especifica pola persoa solicitante, os mencionados informes confecciónanse dándolle a forma da cédula urbanística sinalada na Lei do solo de Galicia. Estes informes serven de base, se iso é necesario, para a emisión de certificados urbanísticos, subscritos polo secretario do Concello.

Emisión de informes de distancias:

Este tipo de informe realízase a petición de interesados, coa finalidade de xustificar unha determinada distancia de percorrido entre dous puntos situados dentro do termo municipal da Coruña. A medición realízase sobre a cartografía oficial do Concello e sobre un teórico percorrido a pé, sobre a liña máis recta posible.

Informes de planeamento:

Durante a tramitación dos instrumentos de planeamento de iniciativa privada, os técnicos do departamento informan os documentos presentados polos promotores dunha determinada actuación, comprobando a súa adecuada inserción na estratexia de desenvolvemento do Plan Xeral, así como o cumprimento da lexislación vixente de aplicación segundo o caso.

Redacción de instrumentos de planeamento:

En desenvolvemento das determinacións previstas no Plan Xeral vixente, os servizos técnicos e xurídicos do departamento redactan as figuras de planeamento de iniciativa pública necesarias para a súa execución. A iniciativa pode partir de: obxectivos sinalados polo propio Plan Xeral; necesidades detectadas por outros departamentos municipais, ou o propio departamento de planeamento; solicitudes realizadas por outras administracións públicas; e, por último, solicitudes de particulares ou asociacións de veciños.

Atención ao público:

Durante o horario laboral, aténdese por parte dos técnicos do departamento, consultas do público sobre o planeamento vixente ou en tramitación (períodos de información pública dos instrumentos). Para a realización de consultas cun técnico é necesaria a petición previa de cita por algún dos procedementos indicados na web municipal.

Consulta de documentos de planeamento:

Os instrumentos de planeamento son documentos públicos que son accesibles ao público en todo momento. Na oficina de información ao público existe un exemplar de todos os instrumentos de plan aprobados definitivamente para a súa consulta polas persoas interesadas. Do mesmo xeito, dos instrumentos que están en tramitación, existe un exemplar a disposición das persoas interesadas durante o período de información ao público establecido pola lei.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?