Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Vivenda e rehabilitación

Cidade Vella

QUE É?

O Informe de Avaliación de Edificios (IEE) substitúe aanterior Informe de Inspección Técnica do Edificio (ITE), de maneira que se acredite a situación na que se atopan polo menos en relación co estado de conservación do edificio e co cumprimento da normativa vixente sobre accesibilidade universal, así como o grao de eficiencia enerxética.

O IEE estenderase a todos e cada un dos locais e vivendas existentes.

QUEN ESTÁ OBRIGADO A FACELA?

Están suxeitos a inspección todos os edificios catalogados e os de antigüidade superior a 40 anos, contados desde a súa construción ou rehabilitación equivalente.

COMO SE TEN QUE PRESENTAR?

O Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana no seu artigo 29 permite que cando de conformidade coa normativa municipal exista un Informe de Inspección Técnica que permita avaliar os extremos do estado de conservación do edificio e avaliación das condicións básicas de accesibilidade universal e non discriminación das persoas con discapacidade, pódese complementar coa certificación de eficiencia enerxética do edificio.

A normativa municipal do Concello da Coruña recolle a existencia dun Informe de Inspección Técnica, que se presentará de acordo co modelo normalizado e acompañarase do correspondente certificado de eficiencia enerxética segundo o disposto na instrución publicada no Boletín Oficial da Provincia 241 do 19 de decembro de 2013.

Esta documentación presentarase preferiblemente no formato PDF dispoñible na web.

QUE PASA SE NON É FAVORABLE?

Se non é favorable, a presentación do IEE leva a obriga de conservación e rehabilitación de construcións, instalacións e edificios co fin de mantelos en estado de seguridade, salubridade, habitabilidade, funcionalidade e ornato público. Polo que se procederá á correspondente orde de execución de obras para a corrección das deficiencias ata que o inmoble estea en condicións de ditaminar un IEE favorable.

CANTO TEMPO TEN DE VALIDEZ?

O IEE ten unha validez de 10 anos.

ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Para ter máis información poden consultar a Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmobles que está dispoñible na web municipal.

Tamén poden facelo nas nosas dependencias situadas na planta baixa da Estación de Autobuses (r/ Caballeros, 21), no teléfono 981 184 200, a través do servizo 010 ou nesta web.

CONSULTA A BASE DE DATOS DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS

Para consultar se un edificio ten que realizar unha Inspección Técnica (ITE) e ver o seu estado pode facelo usando certificado dixital (DNI-e, FNMT, Firma Profesional ou Camerfirma) co que lle mostrará os datos asociados a unha persoa propietaria ou pola contra pode realizar a procura usando o nome da vía e número do edificio desexado.

Consulta do rexistro de inspección técnica de edificios:

* CON certificado dixital

* SEN certificado dixital

  • Logo pé
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?