Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Vivenda e rehabilitación

Vivendas Birloque

Polas súas especiais características e necesidades de rehabilitación e posta en valor urbanístico, é necesario poñer en práctica unha especial actuación de fomento na rehabilitación daquelas áreas especialmente degradadas ou que polo seu especial valor arquitectónico necesiten actuacións específicas de rehabilitación.

Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación promóvense a actuacións que mediante convenio con outras administracións públicas incentiven a rexeneración urbana e do patrimonio existente nestas zonas.

1º - QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?

A ordenanza municipal distingue dúas áreas que son as de Centro Histórico (coincidente co ámbito regulado polo Plan Especial de Protección da Cidade Vella e Pescaría) e as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI).

Son actuacións subvencionables:

  • Rehabilitación de elementos comúns en inmobles
  • Rehabilitación de elementos privativos
  • A adecuación de locais que a xuízo do Concello contribúan ao desenvolvemento económico e social da área para rehabilitar

2º - QUEN PODE PEDIR SUBVENCIÓN?

Poderán pedir subvención para as obras en elementos comúns as comunidades de propietarios ou as persoas propietarias, sobre o orzamento correspondente á súa cota de participación no inmoble con autorización de todas as demais.

En obras de habitabilidade de vivendas ou obras de adecuación de locais poderán solicitalas as persoas propietarias ou as ocupantes con autorización destas.

3º - CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?

- OBRAS EN ELEMENTOS COMÚNS, ADECUACIÓN URBANÍSTICA, OBRAS COMO CONSECUENCIA DE ITE E OBRAS DE ACCESIBILIDADE:

  • 80% do orzamento protexido da obra

O límite máximo de subvención será o que estableza cada un dos convenios.

- OBRAS DE CONSERVACIÓN OU REHABILITACIÓN DA HABITABILIDADE EN ELEMENTOS PRIVATIVOS:

  • Se os ingresos da unidade familiar do solicitante son ≤ 1 vez o IPREM: 80% do orzamento protexido
  • Se os ingresos da unidade familiar do solicitante son ≤ 2 veces o IPREM: 60% do orzamento protexido
  • Se os ingresos da unidade familiar do solicitante son ≤ 3 veces o IPREM: 45% do orzamento protexido

O número de veces do IPREM incrementarase en 1 punto por ascendente ou descendente que conviva coa persoa solicitante e en 2 puntos se conviven no domicilio persoas con declaración de discapacidade que implique dependencia.

O límite máximo de subvención será o que estableza cada un dos convenios.

- OBRAS DE LOCAIS SITUADOS EN ÁREAS DE REHABILITACIÓN QUE CONTRIBÚAN Ao DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL DA ÁREA:

A subvención é do 25% do orzamento protexido cun límite máximo de 9.000 € por local. Os locais situados no ámbito especificamente delimitado polo Concello no Plan Especial de Protección e Reforma Inerior da Cidade Vella e Pescadería, ou calquera outro ámbito dentro deste plan especificamente delmitado na convocatoria, aplicarán o 50% do orzamento protexido, cun límite de 12.000 € por local; nestes casos, a convocatoria deberá especificar determinados sectores e actividades para a aplicación ou non desta porcentaxe no ámbito delimitado.

4º - CANDO SE PODEN SOLICITAR?

Pódense solicitar cando se abra o prazo mediante a convocatoria pública, da cal se dará publicidade.

As convocatorias non teñen periodicidade establecida, polo que é recomendable estar atentos ás aperturas de prazo. Para iso poden informarse directamente nas nosas dependencias de maneira presencial ou telefónica, a través da consulta no Boletín Oficial da Provincia ou a través desta web.

5º - ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Para ter máis información poden consultar a Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles que está dispoñible na web municipal.

Tamén poden facelo nas nosas dependencias situadas na planta baixa da Estación de Autobuses (r/ Caballeros, 21), no teléfono 981 184 200, a través do servizo 010 ou nesta web.

Noticias

Consulta do rexistro de ITE

  • Logo pé
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?