Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación promóvense actuacións que incentiven a rexeneración urbana e do patrimonio existente na cidade da Coruña. Así mesmo, na súa actividade de fomento, promóvense subvencións para a rehabilitación e conservación dos inmobles, así como para o fomento da accesibilidade vertical.
Podes ter a información sempre á man descargando o catálogo "MIÑA CASA, MEU LAR"
1º - QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?
O art. 93 do Texto refundido da Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de inmobles establece unha serie de actuacións subvencionables que son:
2º - QUEN PODEN PEDIR SUBVENCIÓN?
Poderán pedir subvención para as obras en elementos comúns, ascensores, soterramento de cableado ou mellora da eficiencia enerxética as Comunidades de Propietarios ou os propietarios, sobre o orzamento correspondente á súa cota de participación no inmoble, con autorización de todos os demais.
En obras de habitabilidade de vivendas ou en vivendas unifamiliares poderán solicitalos as persoas propietarias ou ocupantes con autorización deste.
3º - QUE CARACTERÍSTICAS TEÑEN QUE TER OS INMOBLES?
É condición indispensable para poder solicitar subvención para elementos comúns que o inmoble cumpra cos requisitos establecidos no art. 87 do Texto refundido da Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de inmobles.
4º - CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?
- OBRAS EN ELEMENTOS COMÚNS, ADECUACIÓN URBANÍSTICA, OBRAS COMO CONSECUENCIA DE ITE E OBRAS DE ACCESIBILIDADE:
O número de veces do IPREM incrementarase en 1 punto por ascendente ou descendente que conviva coa persoa solicitante e en 2 puntos se conviven no domicilio persoas con declaración de discapacidade que implique dependencia.
- OBRAS DE CONSERVACIÓN DA HABITABILIDADE EN ELEMENTOS PRIVATIVOS:
O número de veces do IPREM incrementarase en 1 punto por ascendente ou descendente que conviva coa persoa solicitante e en 2 puntos se conviven no domicilio persoas con declaración de discapacidade que implique dependencia.
- OBRAS DE INSTALACIÓN DE ASCENSOR OU ADAPTACIÓN Á NORMATIVA VIXENTE:
- OBRAS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA:
- OBRAS DE REHABILITACIÓN EN VIVENDAS UNIFAMILIARES:
5º - CANDO SE PODEN SOLICITAR?
Poderase solicitar cando se abra o prazo mediante a convocatoria pública, da cal se dará publicidade.
As convocatorias non teñen periodicidade establecida, polo que é recomendable estar atentos ás aperturas de prazo. Para iso poden informarse directamente nas nosas dependencias de maneira presencial ou telefónica, a través da consulta no Boletín Oficial da Provincia ou a través desta web.
6º - ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?
Para ter máis información poden consultar a Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmobles que está dispoñible na web municipal.
Tamén poden facelo nas nosas dependencias situadas na planta baixa da Estación de Autobuses (rúa Caballeros, 21), no teléfono 981 184 200, a través do servizo 010 ou nesta web.
29 de decembro de 2017
Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvención para a rehabilitación de inmobles en Áreas de Rexeneración e Renovación Urbanas /Áreas de Rehabilitación Integral: ARRU Grupo de vivendas de Mariñeiros (5ª fase) e ARRU Elviña (2ª fase), dentro da prórroga do Plan Estatal de vivenda 2013-2016.
13 de outubro de 2017
Listaxe de ofertas admitidas e excluídas. Data de apertura de ofertas económicas.
30 de xaneiro de 2017
En cumprimento do recollido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publícase a listaxe de subvencións concedidas para a rehabilitación de inmobles durante o ano 2016.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible