Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Vivenda e rehabilitación

Vivendas Grupo Nosa Sra. do Carme

O dereito a unha vivenda digna está declarado universalmente no art. 25 da Declaración de Dereitos Humanos de 1948 como no artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de 1966. Neste mesmo sentido o art. 47 da Constitución Española pronúnciase recolléndoo dentro dos principios reitores da política social e económica, establecendo que todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e que os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito.

QUE ACTUACIÓNS SE PROMOVEN?

Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación traballamos para poder levar a efecto actuacións que promovan o acceso a unha vivenda digna á veciñanza da Coruña. Para iso, poñemos a disposición as vivendas pertencentes ao patrimonio municipal e destinámolas á súa adxudicación mediante convocatoria pública para que sexan ocupadas en réxime de alugueiro público.

CANDO SE PODEN SOLICITAR?

Pódense solicitar cando se abra o prazo mediante convocatoria pública, da cal se dará publicidade.

As convocatorias non teñen periodicidade establecida, polo que é recomendable estar atentos ás aperturas de prazo. Para iso poden informarse directamente nas nosas dependencias de maneira presencial ou telefónica, a través da consulta no Boletín Oficial da Provincia ou nesta web.

QUEN PODE OPTAR?

Serán as convocatorias as que recollan os requisitos necesarios poder optar a algunha das vivendas municipais en réxime de arrendamento.

ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Tamén poden facelo nas nosas dependencias situadas na planta baixa da Estación de Autobuses (rúa Cabaleiros, 21), no teléfono 981 184 200, a través do servizo 010 ou nesta web.

Noticias

Consulta do rexistro de ITE

  • Logo pé
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?