Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

13 de outubro de 2017

Convocatoria pública para a adquisición de edificios e vivendas

Listaxe de ofertas admitidas e excluídas. Data de apertura de ofertas económicas.

Nesta prioridade, e dentro das liñas que esta corporación municipal quere desenvolver en materia de vivenda, ponse en marcha un programa para adquirir vivenda privada, tanto de pisos como de vivendas unifamiliares, coa finalidade de aumentar o patrimonio municipal e establecer o seu posterior destino a garantir o acceso a unha vivenda digna a través dun sistema de alugueiro social, intervindo así no ámbito das competencias municipais de xustiza social e de coidado dos veciños e veciñas do municipio.

Ademais desta finalidade, o procedemento para que o Concello adquira vivendas materialízase tamén nunha importante preocupación no ámbito de rexeneración e rehabilitación urbana, intentando lograr unha especial protección do patrimonio urbanístico e edificatorio.

Así, inclúese a posibilidade de comprar edificios, que o mesmo poidan atoparse nun estado de abandono ou declarados en ruína, especialmente en zonas sensibles, como é o ámbito do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescadería, cuxa degradación foi evidente nas últimas épocas.

Para tratar de alcanzar todos estes obxectivos, e tendo en conta que no Orzamento Municipal de 2017 aprobado consta un crédito inicial previsto pola corporación municipal para esta finalidade, redactáronse e foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 19 de abril de 2017 unhas bases reguladoras para facer unha convocatoria pública na que os/as vendedores/as poidan ofrecer en venda os seus inmobles da súa propiedade.

Isto supón un mecanismo para intervir na posibilidade de garantir o dereito a unha vivenda digna, e establecer un procedemento para a adquisición de bens inmobles destinados á vivenda, con especial preocupación en dar acceso á vivenda ás persoas propitarias que así o desexen, e como paso previo á posible adopción de medidas legais que sexan procedentes para garantir a conservación e rehabilitación dos inmobles non ofertados que estean en estado de abandono ou declarados en ruína.

Cando se aprobe a convocatoria e se publique o acordo correspondente no Boletín Oficial da Provincia, indicarase nesta web municipal a data de finalización de dous meses para presentar ofertas, para que as persoas vendedoras deberán presentar a documentación segundo os modelos que figuran como anexos nas devanditas bases.

AVISO:

Posponse a data de apertura pública do sobre B de ofertas económicas ata un novo aviso.

DOCUMENTACIÓN:

CONVOCATORIA (BOP NÚM. 109 - 12/06/2017) PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O 14 DE AGOSTO DE 2017 ÁS 14 HORAS

ANEXO DE MODELOS PARA PRESENTAR (TEXTO EN CASTELÁN)

ANEXO DE MODELOS PARA PRESENTAR (TEXTO EN GALEGO)

EDICTO DE APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS (BOP NÚM. 99 - 29/05/2017)

BASES REGULADORAS (TEXTO EN GALEGO)

BASES REGULADORAS (TEXTO EN CASTELÁN)

RESOLUCIÓN INICIAL DE OFERTAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS:

1. RESOLUCIÓN

1.1 ANEXO I LISTAXE DE OFERTAS ADMITIDAS

1.2 ANEXO II LISTAXE DE OFERTAS EXCLUÍDAS

EDICTO DE PUBLICACIÓN DE CONTRATOS DE COMPRAVENDA DE INMOBLES

- PUBLICACIÓN NO BOP

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión