Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xuño de 2022

+QJazz abrirá a súa oitava edición coa actuación do lendario guitarrista Mike Stern no Teatro Colón

A Coruña acollerá o Festival Internacional +QJazz do 4 ao 10 de xullo

O concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, destacou a aposta do goberno de Inés Rey pola cultura como sinal de identidade turística

A Coruña acollerá entre o vindeiro 4 e 10 de xullo o Festival Internacional +QJazz, que terá lugar nas tradicionais salas de concertos Garufa Club e Filloa Jazz, xunto co emblemático Teatro Colón. Nesta oitava edición, ademais, a rede de salas amplíase coa incorporación da sala Mardi Gras, escenario da actuación do virtuoso da guitarra do blues Nick Moss e Kirk Fletcher o 5 de xullo.

O concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, destacou a aposta pola cultura e as salas de concertos como sinal de identidade turística. "Non hai mellor marca turística que a de ofrecer actividades atractivas, diferentes, e que teñan o talento artístico como aceno de identidade" sinalou.

O ciclo albergará a grandes figuras do panorama jazzístico internacional, nacional e autonómico nunha sucesión de concertos que comezarán coa actuación estelar de Mike Stern Band o 4 de xullo no Teatro Colón e pecharase no mesmo escenario, o día 10 de xullo con Pepe Rivero. Pola súa banda, o Jazz Filloa acollerá o 6 de xullo a actuación de Cast; e o Garufa Club contará con Gisele Jackson e a Garufa Blue Devils Bigband os días 7 e 8 de xullo.

Coa celebración do Festival +QJazz, o goberno de Inés Rey continúa avanzando no seu obxectivo de situar A Coruña como cidade de referencia en eventos e congresos, atraendo espectáculos e encontros de proxección internacional e nacional. "Con este elenco, o festival volve lograr unha edición máis o seu obxectivo: poñer a cidade herculina no escaparate dos grandes festivais de jazz e ancorala a un turismo de espectáculos de alta calidade artística" sinalou o concelleiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión