Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Metas para os gobernos locais

Imaxe

A Axenda Urbana da Coruña abordará os retos e problemas que nos expón a cidade metropolitana. Definirá para o conxunto da cidadanía as metas colectivas a alcanzar.

Como referencia de partida, vemos que a Axenda 2030 de Nacións Unidas contén 169 metas das que consideramos que 92 son da máxima relevancia para os gobernos locais:

ODS 1. Fin da pobreza (4)

  1. Erradicar a pobreza extrema para todas as persoas no mundo.
  2. Reducir (polo menos á metade) a proporción de homes, mulleres e nenos/as de todas as idades que viven na pobreza en todas as súas dimensións de acordo coas definicións nacionais.
  3. Garantir que todos os homes e mulleres, en particular os/as pobres e os/as vulnerables, teñan os mesmos dereitos sobre os recursos económicos, así como acceso aos servizos básicos, a propiedade e o control das terras.
  4. Fomentar a resiliencia dos pobres e das persoas que están en situacións vulnerables.

ODS 2. Fame cero (4)

  1. Poñer fin á fame e asegurar o acceso de todas as persoas a unha alimentación sa, nutritiva e suficiente durante todo o ano.
  2. Poñer fin a todas as formas do malnutrición e abordar as necesidades de nutrición das adolescentes, as mulleres embarazadas e lactantes e as persoas de idade.
  3. Duplicar a produtividade agrícola e os ingresos dos produtores de alimentos a pequena escala.
  4. Asegurar a sustentabilidade dos sistemas de produción de alimentos e aplicar prácticas agrícolas resilientes.

DS 3. Saúde e benestar (6)

  1. Reducir a taxa mundial de mortalidade materna a menos de 70 por cada 100.000 nados/as vivos/as.
  2. Poñer fin ás mortes evitables de recentemente nados/as e de nenos/as menores de cinco anos.
  3. Poñer fin ás epidemias da SIDA, (...) e combater (...) as enfermidades transmitidas pola auga e outras enfermidades transmisibles.
  4. Reducir á metade o número de mortes e lesións causadas por accidentes de tráfico no mundo.
  5. Garantir o acceso universal aos servizos de saúde sexual e reprodutiva.
  6. Reducir o número de mortes e enfermidades producidas por produtos químicos perigosos e a contaminación do aire, a auga e o solo.

ODS 4. Educación de calidade (7)

  1. Velar por que todas as nenas e todos os nenos terminen os ciclos de ensino primario e secundario, que ha de ser gratuíto, equitativo e de calidade.
  2. Velar por que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servizos de atención e desenvolvemento na primeira infancia e a un ensino preescolar de calidade.
  3. Asegurar o acceso en condicións de igualdade para todos os homes e as mulleres a unha formación técnica, profesional e superior de calidade, incluído o ensino universitario.
  4. Aumentar o número de mozas e mozos e persoas adultas que teñen as competencias necesarias, en particular técnicas e profesionais, para acceder ao emprego, o traballo decente e o emprendemento.
  5. Eliminar as disparidades de xénero na educación e garantir o acceso en condicións de igualdade.
  6. Garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sustentable.
  7. Construír e adecuar instalacións escolares que respondan ás necesidades dos/as nenos/as e as persoas discapacitadas e teñan en conta as cuestións de xénero.

ODS 5. Igualdade de xénero (7)

  1. Poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e nenas en todo o mundo.
  2. Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e nenas nos ámbitos público e privado.
  3. Eliminar todas as prácticas nocivas, o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital feminina.
  4. Recoñecer e valorar os coidados non remunerados e o traballo doméstico non remunerado.
  5. Velar pola participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis da adopción de decisións na vida política, económica e pública.
  6. Emprender reformas que lles outorgan ás mulleres o dereito aos recursos económicos en condicións de igualdade.
  7. Aprobar e fortalecer políticas acertadas e leis aplicables para promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres e as nenas a todos os niveis.

ODS 6. Auga limpa e saneamento (7)

  1. Lograr o acceso universal e equitativo á auga potable, a un prezo alcanzable para todas e todos.
  2. Lograr o acceso equitativo a servizos de saneamento e hixiene.
  3. Mellorar a calidade da auga mediante a redución da contaminación e un aumento substancial da reciclaxe e a reutilización en condicións de seguridade.
  4. Aumentar a utilización eficiente dos recursos hídricos.
  5. Poñer en práctica a xestión integrada dos recursos hídricos a todos os niveis.
  6. Protexer e restablecer os ecosistemas relacionados coa auga.
  7. Apoiar e fortalecer a participación das comunidades locais na mellora da xestión da auga e o saneamento.

ODS 7. ENERXÍA ALCANZABLE E NON CONTAMINANTE (3)

  1. Garantir o acceso universal a servizos de enerxía alcanzables, confiables e modernos.
  2. Aumentar a porcentaxe de enerxía renovable no conxunto de fontes de enerxía.
  3. Duplicar a taxa mundial de mellora da eficiencia enerxética.

ODS 8. TRABALLO DECENTE E CRECEMENTO ECONÓMICO (6)

  1. Promover políticas orientadas ao desenvolvemento que apoien as actividades produtivas, a creación de postos de emprego decente, o emprendemento, a creatividade e a innovación.
  2. Lograr o emprego pleno e produtivo e garantir un traballo decente para todos os homes e mulleres. Igualdade de remuneración por traballo de igual valor.
  3. Reducir a proporción de mozas e mozos que non están empregadas/os e non cursan estudos nin reciben capacitación.
  4. Adoptar medidas inmediatas e eficaces para erradicar o traballo forzoso, poñer fin ás formas modernas de escravitude e á trata de seres humanos. Eliminar o traballo infantil.
  5. Protexer os dereitos laborais e promover un contorno de traballo seguro e protexido.
  6. Promover un turismo sustentable que cree postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais.

ODS 9. INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUTURA (3)

  1. Desenvolver infraestruturas fiables, sustentables, resilientes e de calidade.
  2. Aumentar o acceso das pemes aos servizos financeiros e a súa integración nas cadeas de valor e nos mercados.
  3. Aumentar o acceso ás TICs e esforzarse por facilitar un acceso universal e alcanzable a Internet.

ODS 10. REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES (5)

  1. Lograr e manter o crecemento dos ingresos do 40% máis pobre da poboación a unha taxa superior á media nacional.
  2. Potenciar e promover a inclusión social, económica e política de todas as persoas.
  3. Eliminación das leis, políticas e prácticas discriminatorias.
  4. Adoptar políticas, en especial fiscais, salariais e de protección social e lograr progresivamente unha maior igualdade.
  5. Facilitar a migración e a mobilidade ordenadas, seguras, regulares e responsables.

ODS 11. CIDADES E COMUNIDADES SUSTENTABLES (10)

  1. Acceso de todas as persoas a vivendas e servizos básicos adecuados, seguros e alcanzables e mellorar os barrios marxinais.
  2. Proporcionar acceso a sistemas de transporte seguros, alcanzables, accesibles e sustentables e mellorar a seguridade viaria.
  3. Aumentar a organización inclusiva e sustentable e a capacidade para unha planificación e xestión participativa, integrada e sustentable dos asentamentos humanos.
  4. Protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo.
  5. Reducir o número de mortes e de persoas afectadas polos desastres e reducir as perdas económicas causadas polos desastres.
  6. Reducir o impacto ambiental negativo per cápita das cidades.
  7. Proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros, inclusivos e accesibles.
  8. Apoiar os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais.
  9. Aumentar o número de cidades e asentamentos humanos que adoptan e poñen en marcha políticas e plans integradas vinculadas ao Marco de Sendai.
  10. Proporcionarlles apoio aos países menos adiantados para que poidan construír edificios sustentables e resilientes utilizando materiais locais.

ODS 12. PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES (7)

  1. Lograr a xestión sustentable e o uso eficiente dos recursos naturais.
  2. Reducir á metade o desperdicio mundial de alimentos per cápita.
  3. Lograr a xestión ecoloxicamente racional dos produtos químicos e de todos os refugallos ao longo do seu ciclo de vida.
  4. Diminuír de maneira substancial a xeración de refugallos mediante políticas de prevención, redución, reciclaxe e reutilización.
  5. Promover prácticas de contratación pública que sexan sustentables.
  6. Velar por que as persoas teñan información e coñecementos pertinentes para o desenvolvemento sustentable e os estilos de vida en harmonía coa natureza.
  7. Elaborar e aplicar instrumentos que permitan seguir de preto os efectos no desenvolvemento con miras a lograr un turismo sustentable que cree postos de traballo e promova a cultura os produtos locais.

ODS 13. ACCIÓN POLO CLIMA (3)

  1. Fortalecer a resiliencia e a capacidade de adaptación aos riscos relacionados co clima e os desastres naturais.
  2. Mellorar a educación, a sensibilización e a capacidade humana e institucional na relación coa mitigación do cambio climático.
  3. Promover mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e xestión eficaces en relación co cambio climático.

ODS 14. VIDA SUBMARINA (4)

  1. Previr e reducir a contaminación mariña de todo tipo.
  2. Xestionar e protexer de maneira sustentable os ecosistemas mariños e costeiros.
  3. Conservar polo menos o 10% das zonas costeiras e mariñas.
  4. Facilitar o acceso dos pescadores artesanais en pequena escala aos recursos mariños e aos mercados.

ODS 15. VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES (5)

  1. Velar pola conservación, o restablecemento e o uso sustentable dos ecosistemas terrestres e os ecosistemas interiores de auga doce e os servizos que proporcionan.
  2. Promover a xestión sustentable de todos os tipos de bosques, recuperar os bosques degradados e incrementar a forestación e a reforestación.
  3. Adoptar medidas para reducir a degradación dos hábitats naturais, deter a perda da diversidade biolóxica e protexer as especies ameazadas e evitar a súa extinción.
  4. Integrar os valores dos ecosistemas e a diversidade biolóxica na planificación nacional e local, os procesos de desenvolvemento e as estratexias de redución da pobreza.
  5. Mobilizar recursos procedentes de todas as fontes e a todos os niveis para financiar a xestión forestal sustentable.

ODS 16. PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS (5)

  1. Reducir todas formas de violencia e as taxas de mortalidade conexas.
  2. Reducir substancialmente a corrupción e o suborno en todas as súas formas.
  3. Crear institucións eficaces, responsables e transparentes.
  4. Garantir a adopción de decisións inclusivas, participativas e representativas.
  5. Garantir o acceso público á información e protexer as liberdades fundamentais.

ODS 17. ALIANZAS PARA LOGRAR OS OBXECTIVOS (6)

  1. Fortalecer a mobilización de recursos co fin de mellorar a capacidade nacional para recadar ingresos fiscais e doutra índole.
  2. Mellorar a coherencia normativa para o desenvolvemento sustentable.
  3. Fortalecer a alianza mundial para o desenvolvemento sustentable co fin de apoiar o logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable en todos os países.
  4. Alentar e promover a constitución de alianzas eficaces nas esferas públicas, público-privada e da sociedade civil.
  5. Aumentar de forma significativa a dispoñibilidade de datos oportunos, fiables e de alta calidade.
  6. Elaborar indicadores que permitan medir progresos logrados en materia de desenvolvemento sustentable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión