Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axlubi-x presenta disco na Biblioteca Ágora

A banda de hip-hop coruñesa Axlubi-x presenta no Ágora o seu vinilo Mandelas-X.

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto.

Cando:

26/02/2014, de 19:00 a 21:00

Este evento xa rematou

Horario:

19.00 horas.

Duración:

2 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Rúa Ágora s/n. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta.

Organiza:

Biblioteca Ágora

Axlubi-x, o grupo de hip-hop multicultural do barrio do Ventorrillo, presentará o mércores 26 de febreiro na Biblioteca Ágora o resultado do seu traballo máis recente, unha edición limitada de vinilos que co título Mandelas-X agrupa as súas creacións últimas.

O DJ da formación, Saco, explicará de primeira man a intencionalidade do disco e a súa proposta de difusión, á vez que aproveitará para mostrar, dende os pratos, algunhas das súas composicións. Música e palabra daranse cita na zona xuvenil da Biblioteca Ágora, nunha actividade que serve, ademais, para poñer en marcha o ciclo Conversas no Ágora, aglutinará presentacións de libros, charlas, conferencias e outras actividades de persoas e colectivos relacionados cos barrios da contorna do Centro Ágora.

A actividade comezará ás 19 horas.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión