Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto da banda Ruxe Ruxe AgoraSón outono 2021

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza este 22 de outubro o AgoraSón con Ruxe Ruxe en concerto.

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

22/10/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/10/2021 ata o 22/10/2021

Horario:

21.00 horas 

Duración:

90 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con convite a través de https://reservas.gal/producion/agorason/

Chamámoslle AgoraSón a dúas tandas de concertos realizadas en primavera e outono e polas que pasaron grupos e solistas como Sés, De Vacas, Guadi Galego, Tanxugueiras, Xabier Díaz, Susana Seivane etc. As dúas datas non están escollidas ao chou senón que procuramos centralas na celebración de dúas "festas do libro": o Día das Letras en primavera e o Día das Bibliotecas en outono.

O obxectivo principal do AgoraSón é procurar incrementar o consumo de literatura en lingua galega e achegar alternativas de lecer e promocionar a música na nosa lingua. Así mesmo pretendemos visibilizar as nosas artistas, en feminino, e focalizar a súa encomenda nas mulleres artistas da nosa cidade e a súa contorna.

Baixo este programa, o Servizo de Normalización Lingüística realiza concertos musicais dirixidos a todo tipo de público. 

Ruxe Ruxe é sen dúbida a banda referente do rock galego. Con 25 anos de traxectoria, 11 LPs no mercado e máis de duascentas cancións orixinais publicadas, están no seu mellor momento.

En febreiro de 2020 presentaron o seu novo traballo, O estraño falar dun monstro da aldea. Durante 2021 continuarán coa presentación deste disco, xa que a xira viuse interrompida, pero tamén presentarán algúns temas novos que foron compostos durante os meses de parón.

Ata o momento, os concertos do AgoraSón que realizamos foron presenciais. Debido á excepcional situación que estamos a atravesar os últimos concertos foron gravados e emitidos a través do noso espazo na web municipal,  para poder chegar ao maior número posible de persoas e respectar ao máximo as medidas de seguridade que a crise da COVID-19 nos marca a todas e todos nós. Neste momento, coa ampliación das capacidades nos auditorios, podemos retomar o formato presencial e acompañalo ademais coa difusión mediante streaming.

As entradas poderán reservarse en reservas.gal

A cultura na nosa lingua é imprescindible e segura. O AgoraSón tamén!

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión