Concello da Coruña

Concello da Coruña

Craig Patterson na Biblioteca Ágora

O profesor británico Craig Patterson falará na Biblioteca Ágora do seu interese pola cultura galega.

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto.

Cando:

04/04/2014, de 19:00 a 21:00

Este evento xa rematou

Horario:

19.00 h.

Duración:

2 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora

Organiza:

Biblioteca Ágora

Craig Patterson é un profesor universitario británico que ama profundamente Galicia, o noso idioma e a nosa cultura. Tradutor de Blanco Amor e de Castelao ao inglés, foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos e colabora asiduamente en publicacións como Grial, Praza Pública e outras escritas en galego.

Dentro do ciclo Conversas no Ágora, o encontro con Craig Patterson servirá para que nos explique de primeira man os motivos do seu interese pola nosa cultura, os seus proxectos futuros e tamén para ter a posibilidade de charlar con el de diversos temas en relación coa proxección internacional da cultura galega.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión